#Feminino #Fútbol afeccionado

Unha visita histórica e o comezo da Copa

A pasada fin de semana foi histórica para o fútbol lucense. O PM Friol, na súa andaina polo Reto Iberdrola, visitou a cidade deportiva Joan Gamper, do FC Barcelona. Alí se mediron ao filial culé, un dos equipos chamados a conseguir o título de liga. As lucenses, porén, plantáronse no campo sen complexos e puxéronlle as cousas difíciles ás catalanas, que chegaron ao descanso con dous goles de vantaxe (2-0) tras dúas xogadas puntuais. Na segunda parte a superioridade local fíxose maior e os noventa minutos remataron cun cruel 6-0. Aínda así, as nosas guerreiras teñen que estar máis que orgullosas tras facer historia no fútbol feminino provincial!

O resto das ligas de Fútbol-11 non se disputaron polo parón de Carnaval, pero o que si tivemos oportunidade de ver foi a primeira rolda da Copa Deputación. Nela, o CD Lugo superou por 7-0 á SD Chantada nunha gran exhibición goleadora das albivermellas, mentres que a o PM Friol «B» venceu por 0-5 á SG Comercial. As semifinais, que se celebrarán na ponte do 1 de Maio, mediránse CD Lugo e PM Friol «B» por unha banda, e Carballedo CF e SD Antas (equipos clasificados por sorteo directamente a esta ronda) pola outra.

Por último, no Fútbol-7, a SD Burela empatou a tres goles na Marosa co Sporting Cambre «B», conseguindo un punto que serve ás de Jesús Rial para manterse na segunda posición.



A SD Viveiro e o Lemos B,

Unha visita histórica e o comezo da Copa

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *