#Feminino #Fútbol afeccionado

Unha victoria que se fixo de rogar e un equipo imparable

Unha vez máis, chega a sección na que analizamos o que foi a xornada de fútbol feminino e o papel que fixeron as guerreiras que representan á nosa provincia. Así, como é habitual, comezamos polo clube referencia a nivel lucense, o PM Friol, que caeu por 3-0 na cidade deportiva do Real Oviedo. Tras unha mala racha e tras incorporar ao catalán Pere Tobaruela ao corpo técnico, as da Reigosa buscarán superar esta fin de semana ao Atlético de Madrid «B» no fortín lugués.

Tamén a Reigosa albergará o duelo entre PM Friol «B» e SD O Val, choque no que as de Covi tratarán de facer bo o empate logrado o pasado domingo na casa do líder da categoría, a UD Mos. A SD Antas, pola súa banda, reatopouse coa victoria ante o Victoria FC «B», conseguindo os tres puntos tras un partido moi serio no que a boa presión das celestes orixinou os dous goles que conformarían o resultado final, 2-0.

Na Segunda Galicia, o CD Lugo fixo un partido moi completo ante o Olímpico (16-0) que lle serve para manterse na segunda posición da categoría. Tamén venceu o Carballedo CF,  superando ao Portazgo por 7-2. A SG Comercial, Porén, quedouse coa mel nos labios tras dominar o seu choque ante o Sporting Burgo na súa totalidade, pero ao non pechar o resultado, as visitantes lograron un gol no minuto 90 que deixou o electrónico en 1-1. A SD Chantada tamén empatou, no seu caso a cero goles na casa do Once Caballeros!

No Fútbol-7, a SD Burela non pasou do empate (0-0) na casa do Deportivo Orzán, mentres que a SCD Milagrosa superou sen problemas ao Relámpago de Elviña (7-1).



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *