O PM Friol segue no máis alto da clasificación da Primeira Nacional. Incluso aumentou as diferenzas na cabeza trala derrota do Viaxes Interrías en Gijón. E iso que as rapazas de Covi sufriron o seu para arañar un empate na casa ante o Versalles.
O encontro comezou do peor xeito posible na Reigosa. Gol das visitantes no primeiro minuto de xogo. A partires de aí, as présas e as imprecisións apoderáronse do PM Friol. Na reanudación, mandaron as locais e o Versalles xogou o seu partido plantexando un ritmo lento e discontinuo. Aínda así, Blanca Cros chegou a tempo e rascou un puntiño moi moi preto do remate.
Na Primeira Galega, o Antas recuperou o seu encontro adiado da xornada 13. As de Melendo regresaron de baleiro do feudo do Orzán. O partido foi parello e con ocasións suficientes para marcar algún gol máis. Porén a falla de acerto e a calidade das locais, desnivelaron a balanza do lado do contrario das da Ulloa.
Dous aprazados con idéntico resultado na Segunda
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/03/Mery-Antas-fem.jpg)
Ambos partidos resolvéronse polo mesmo resultado: vitoria visitante pola mínima. No partido adiado da xornada 14, o Touro sorprendeu á Milagrosa nun encontro de poder a poder. As visitantes leváronse o gato á auga no tramo final do choque. No outro 0-1, houbo un equipo lucense beneficiado. O Chantada superou a unha combativa Comercial, que xogou boa parte do encontro con nove xogadoras. As de Vivian Dors chegaron xustas ao encontro, con once efectivos, e perderon dous activos por sendas lesións na primeira metade. O cadro de Álex Cambeiro mellorou tralo descanso ante un rival moi ordenado e colleitou un merecido e traballado triunfo, que puido ser máis abultado. O gol de Eva ao bordo do descanso resultou suficiente.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
RESULTADOS
PM Friol 1-1 Versalles
Orzán 2-1 Antas
Milagrosa 0-1 Touro
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Comercial 0-1 Chantada
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/03/Presentacion-FIL-2.jpg)