#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira (Xornada 38) e Preferente (Xornada 37)

Rematou a Terceira, e como xa se confirmara semanas atrás Racing Vilalbés e Polvorín seguirán un ano máis en categoría nacional. Os chairegos caeron na derradeira xornada ante o U.D. Ourense e o Polvorín empatou no Ceao ante o Paiosaco. Na Preferente, o Viveiro xogarase o ascenso directo a vindeira semana logo de golear ao Estudiantil e de que a Sarriana arañara un punto no campo do Arzúa. O Foz derrotou no derbi mariñán ao Ribadeo e bica a permanencia. O Castro caeu goleado no García Calvo ante un Negreira sen moitas opcións de permanencia.

O Racing Vilalbés caeu na Madalena ante o U.D. Ourense (1-3). No derradeiro encontro da temporada, o cadro de Simón Lamas, que confirmou a súa renovación no conxunto chairego, aproveitou para dar minutos aos menos habituais. Arón e Moreda formaron parella atacante e Castrín formou con Vérez no centro da zaga, mentras que o xuvenil Rares debutou co primeiro equipo. Duarte e Noel xogaron o segundo encontro como titulares. Nos mellores minutos dos ourensanistas, Moreda logrou marcar ao aproveitar un centro de Buyo. Na reanudación, o propio Moreda puido facelo segundo, pero a partir de ahí comezou o show de Marquitos. En menos dun cuarto de hora, o dianteiro da U.D. Ourense marcou os tres tantos e sentenciou o partido para os seus.

O Polvorín acadou un punto ante un Paiosaco que queda en postos de descenso condicionado (2-2). Partido que non tivo control de ningún dos dous equipos, pero con moitas ocasións propiciadas moitas veces por erros defensivos. O Paiosaco foi un rival descoñecido, menos intenso e con moitos nervios. Antón Escobar adiantou ao filial lucense, no que foi o seu vixésimo tanto da temporada. Tan só cinco minutos despois, o ex cercedista Bilal acadou o empate, pero Morais xusto antes do descanso voltou poñer en vantaxe aos de José Durán. Xa moi preto do final, Adrián Otero fixo o empate.



O Viveiro goleou ao Estudiantil para seguir enganchado á pelexa polo ascenso (5-0). Tardou pouco máis de vinte minutos o cadro mariñán en abrila lata. Tichu fixo o primeiro e xa na segunda metade o mediapunta voltou marcar. Álex Meitín, Roi e Rolle completaron a manciña, para sumar tres puntos trascendentais para seguir con opcións de ascenso ata a derradeira xornada, logo do empate do Arzúa.

A Sarriana empatou no campo do Arzúa, pero queda sen opcións de ocupalo segundo ou terceiro posto (1-1). Encontro igualado entre dous conxuntos que partían con opcións de ascenso. A Sarriana rematou sen elas, pero a temporada dos de Alberto López pode considerarse como sobresaínte. Diego Núñez puido adiantar aos sarriaos na primeira metade, pero o tanto non chegou ata a segunda logo dun remate de Omar na área pequena. Reaccionaron de contado os de Chus Baleato e tan só nove minutos despois Diego Enjamio igualou o partido. Coa Sarriana en superioridade numérica no último cuarto de hora, Mauro puido anotalo tanto do triunfo, pero non estivo atinado. O cadro local xogarase o ascenso na derradeira xornada.



O Foz acadou un valioso triunfo no derbi mariñán ante o Ribadeo, pero non firmou a permanencia de xeito matemático (1-1). Nada máis comezalo partido, unha falta lateral botada por Iban Gayol foi rematada por Javi Chinchón, o que significou o gol do triunfo. O central focense, que se retira esta temporada, xogou o último encontro no Martínez Otero. Os de Gayol puideron amplialas diferencias ao contar con varias ocasións claras. Na segunda metade, o Ribadeo foi superior e Poratti atopouse un par de veces cun imperial Bruzos. A previsión de varios arrastres impide que o Foz certificara a permanencia, polo que precisan sumar cando menos un punto no campo do Noia para non depender doutros campos.

O Castro saiu goleado do campo do Negreira (5-1). O conxunto local xogábase a vida e foi un factor diferencial. Aínda que a situación é moi delicada para os nicrarienses, saíron moi enchufados, e aos vinte minutos de partido xa tiñan catro goles no seu casilleiro. A falta dun cuarto de hora para o pitido final, o burelao Javi Fraga anotou o tanto da honra para os de Brais Prados.

Trío de Ases Terceira (Xornada 38) e Preferente (Xornada 37)

Palabra de… Javi López: «O papel das

Trío de Ases Terceira (Xornada 38) e Preferente (Xornada 37)

Destacados Primeira. Xornada 34

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *