As nosas redes falan!

Este mércores contamos con auténticas perlas na sección, poñendo de manifesto a ledicia que provoca un ascenso, o ben que o pasan os cativos do Becerreá, e que as grandes historias de vídeos motivadores non só se atopan nas elites do deporte rei.

Unha confirmación agardada: A Residencia xa é de Preferente

Era solo cuestión de tempo. Semanas, días, horas… A todos esta Residencia nos cheiraba a Preferente. Incluso antes de comezar a tempada. Nese momento en que colles plantel por plantel. E observas a superioridade dos xogadores blanquiazuis. Un conxunto que conservaba o bloque que os mantivo varios anos na Preferente. Esa categoría á que regresan […]

Hemeroteca: Un dejà vu en branquiazul

Recordamos hoxe na nosa hemeroteca un dos últimos ascensos da Residencia. Campaña 2010-2011. O cadro da Cheda empezaba unha década gloriosa, na que chegou incluso a Preferente. Algo que pode repetir moi pronto. Pero á beira do ‘Carrefour’ soñan ao grande e agora queren que sexa o seu filial o que suba á Primeira Galicia. Será […]

Calendario da segunda fase en prebenxamíns

Nunha semana dará comezo a segunda fase da Primeira e da Segunda Autonómica en categoría prebrenxamín, tal é como di o calendario da competición. Dentro da Primeira Autonómica, seis equipos xogarán a promocióin: Ferroviaria, Milagrosa, Racing Vilalbés, CD Lugo, Polvorín e o Porto Burela. Precisamente o Porto Burela e a Milagrosa foron os campións do […]

Preconvocatoria da selección lucense sub-15

A selección provincial sub-15 deu a preconvocotoria de cara a un adestramento preparatorio para o campionato de seleccións comarcais galegas de fútbol base. A sesión preparatoria será o vindeiro martes ás cinco e media da tarde no campo de herba artificial das Gándaras en Lugo. O CD Lugo é o conxunto máis representado nesta preselección. […]

Calendario da segunda fase da 2ª autonómica en benxamíns

Os equipos benxamíns da Segunda Autonómica son máis madrugadores ca os da Primeira e comezarán xa esta fin de semana a segunda fase do campionato. A competición desenvolverase en catorce xornadas e rematará o 28 de maio. Tempo dabondo para aprender e seguir desfrutando do fútbol lucense cos nenos.

Calendario da segunda fase da 1ª autonómica en benxamíns

A categoría benxamín lucense xa coñece o calendario dos encontros da segunda fase na Primeira Autonómica. Seis equipos xogarán a promoción, dos cales os dous primeiros clasificaranse para a fase final galega. Outros seis conxuntos da provincia xogarán a previa 1. Os partidos comezan a última fin de semana de febrero e rematarán o sete de […]

Calendario da segunda fase da 2ª autonómica en alevíns

A Segunda Autonómica de categoría alevín xa coñece o seu calendario de cara á disputa da segunda fase do campionato. Encadrados en catro grupos, a competición comezará para os primeiros a última fin de semana de febreiro xa que tan só xogarán dez xornadas. O resto arrincará xa esta próxima fin de semana e prolongarase […]

Entrevista: Rubén Núñez (Residencia «B»)

Pregunta: Ola Rubén. Con 46 puntos en 16 xornadas, o teu equipo cadete xa é campión de liga, a liga Cadete Autonómica Sur. Prevése un ascenso inminente? Respuesta: O que esperamos é que non nos collan por sorpresa as primeiras xornadas da seguinte liga (a nivel provincial cos campións do grupo norte), porque agardamos un […]