Galería de imaxes: UD Xove Lago 2-0 SD Burela

A pasada fin de semana houbo derbi mariñán na Primeira Galicia, que mediu a Xove Lago e Burela no Municipal de Xove. Os tres puntos quedaron na casa, tras dous goles en escasos quince minutos (60′ e 73′). Sonia Paleo estivo presente neste choque, e autoría dela son estas fotografías!

Diario dun mercado. Episodio 100

Comezou o mes de febreiro e, por tanto, concluíu o mercado de fichaxes invernal. Un mercado que, como todos os anos, nos deixou moitos movementos, algúns máis sorprendentes que outros. Hoxe facemos unha pequena revisión dos mesmos! Para empezar, dirixímonos á Terceira División. Nela, o Racing Villalbés asinou ao fillo pródigo Diego Villares, que chega […]

O partido da xornada . . . Friol C.F. – S.D. Santaballés: dous conxuntos sen complexos fronte a fronte

A Reigosa será o esceario, o sábado ás 16:30 horas, dun dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. Friol e Santaballés veranse as caras nunha situación, que ben seguro, firmarían cos ollos pechados alá polo pasado mes de setembro. Dous conxuntos sen complexos que miran cara arriba, sen máis presión que a de facer bo […]

O partido da xornada . . . S.D. Outeiro de Rei – S.D. Chantada: co premio de rematalo ano en postos de ascenso

O calendario quixo que nas vísperas de Noiteboa poideramos disfrutar dun dos grandes encontros da Primeira Autonómica. Será o domingo, ás 16 horas no Municipal de Outeiro, onde se enfronta o conxunto local co Chantada. Ademáis, ámbolos conxuntos contan co aliciente de poder marchar ao parón navideño en postos de ascenso. O Outeiro de Rei […]

Asier (Atlético Escairón): «Imos traballar duro pra subir postos na clasificación»

Logo dun par de temporadas en Preferente, no Saviñao corren tempos de cambios. Co descenso de categoría, Óscar López, presidente do Atlético Escairón, deulle un aire completamente distinto ao plantel de xogadores. Posiblemente este feito está retrasando a chegada dos resultados que se agardan dun conxunto chegado de categoría superior, aínda que as sensacións están […]

O partido da xornada . . . Lemos – Riotorto: o líder ante o equipo máis en forma de Primeira

Este domingo ás 16 horas, a Pinguela acollerá un dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. O Lemos, líder sólido desde a primeira xornada, recibe a un Riotorto que non coñece a derrota nos últimos tres meses. Logo de quince xornadas disputadas, o Lemos conta con trinta e seis puntos e ocupa a primeira posición […]

Labrada (C.F. Riotorto): «Nos anos que levo adestrando aquí o equipo sempre deu pasos cara adiante»

Pasan os anos e o Riotorto segue dando guerra na Primeira Autonómica. Na última temporada, mantívose pelexando polo ascenso ata preto do final, e na presente malia as dúbidas que poideran xerar as dúas derrotas iniciais, xa acumula nove xornadas sen coñecela derrota, e mira de reollo aos postos de ascenso. Falamos con Ramón Labrada, […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – S.D. Chantada: vellos coñecidos, mesmos obxectivos

Antes de comezala temporada, ao falar de posibles candidatos ao ascenso de categoría na Primeira Autonómica, Lemos e Chantada aparecían en case que tódalas apostas. Ben é certo que a competición, a medida que vai transcorrendo vai poñendo a cada equipo no seu lugar, pero no caso destes dous clubes, con só cinco xornadas disputadas, […]

O partido da xornada . . . S.D. Burela – C.F. Riotorto: A Marosa volve disfrutar de Primeira ante o potente conxunto de Labrada

Volve a competición en Primeira Autonómica. Mellor dito, xa o fixo onte co encontro adiantado entre o Monterroso e o Outeiro de Rei disputado en Cerdeiriños e que rematou con empate a un tanto. O resto da xornada disputarase durante a fin de semana, destacando o encontro entre o recén ascendido Burela e un Riotorto […]

Diario dun mercado. Episodio 98

Coa temporada xa comezada nalgunhas categorías, e cos motores totalmente a punto no resto, as fichas continúan a moverse dun equipo a outro. Por exemplo, na Terceira División, o suizo Nathan desenrólase do CD Lugo, no que xogou no xuvenil «A» a campaña pasada. O xogador estudia ahora distintas ofertas, por exemplo provenientes de Boiro ou Castro. 

Diario dun Mercado. Episodio 89

Cargadiña de novedades. Así chega a 89ª edición do noso Diario dun mercado. Comezamos falando da Preferente Norte, na que o CD Castro incorpora ao seu «staff» técnico ao adestrador de porteiros Dani Pérez, procedente da base do CD Lugo.

A Primeira Autonómica comezará sen derbis

A Primeira Autonómica xa ten calendario para a vindeira temporada, logo de realizarse o sorteo na sede da Federación Galega de Fútbol no día de onte. A campaña 2018-2019 baixará o telón o día 2 de setembro, e farao sen derbis. Ningunha das comarcas da nosa provincia poderá disfrutar dun enfrontamento entre equipos veciños na […]

Diario dun mercado. Episodio 85

Hoxe non contamos con novidades en Terceira. Porén, o resto das categorías si que protagonizaron unha gran cantidade de movementos. Comezamos, como habitualmente, por arriba, a Preferente Norte. Nela, Josema volve ao Castro tras abandonar a portería do Atlético Escairón. Tamén serán xogadores vermellos Javi Fraga, Hugo Buide, Alberto Rey e Dumi.

Diario dun mercado. Episodio 83

[themoneytizer id=»15360-28″] Achégase o momento máis duro e, á vez, ilusionante para todos os futbolistas: o comezo da pretemporada. De cara a el, os clubes ultiman incorporacións e renovacións, co obxectivo de confeccionar os cadros de xogadores para a temporada 2018/2019.