O partido en imaxes: Brollón-Palas (2-0)

Volveu pasar. O temido líder da Segunda Sur volveu caer, nesta ocasión nun campo que fixo invertir os roles cos que se chegaba ao choque, Os Medos da Pobra do Brollón. Alí, os locais conseguiron superar por dous goles a cero ao conxunto de Palas de Rei. 

O partido en imaxes: Iberia-Lourenzá (1-4)

O Lourenzá cada vez vai máis en serio na Segunda Galicia. Mostra diso é a súa victoria por 1-4 nas Valgas ao Iberia a pasada xornada. A cámara de Laura Teijeira estivo alí presente, e obra dela é a seguinte galería fotográfica!

O partido en imaxes: Taboada-Pol (3-3)

A pesares de que esta fin de semana non houbo competición de Primeira Galicia, tiñamos unha bala na recámara con esta galería de imaxes obra de Anxo Varela «Canti», o noso amigo de Taboada, quen inmortalizou o duelo entre o equipo da súa vila e a SD Pol, que se disputou nos Chacotes o 24 […]

O partido en imaxes: SD Becerreá-CD Palas (3-0)

Houbo sorpresa na Segunda Sur. O intratable líder, o CD Palas, caeu na súa visita a Becerreá por un contundente tres cero ante un dos últimos clasificados. Porén, quizais esta posición na táboa non se deba ao mal fútbol dos locais, senón á mala fortuna que os acompañou todo o ano.

O partido en imaxes: Sporting Lucense-Santa Comba

A pasada fin de semana disputouse nas Gándaras un gran duelo entre Sporting Lucense e Santa Comba, equipos que xogan na Segunda Autonómica. Os tres puntos foron para os locais, 2-1, pero os affecioado s de ambos clubes gozaron dunha entretida tarde de domingo!

O partido en imaxes: Meira-Valadouro (1-2)

A pasada fin de semana tivo lugar en Meira un duelo moi igualado entre os locais e a ACD Valadouro, que está a xogarse a vida na parte baixa da táboa. Ao final do choque, o conxunto que viste de amarelo superou por dous goles a un aos meirenses. Josune Bargueiras presenciou o encontro e […]

O partido en imaxes: CD Alfoz-SCD Milagrosa (3-2)

O pasado domingo celebrouse en Alfoz un gran partido entre o equipo mariñano e a SCD Milagrosa, que concluiu con victoria pola mínima dos locais e que lles serve para manterse en posición de ascenso directo. A nosa querida Sonia Paleo estivo presente no choque e, como sempre, fixo unhas grandes fotografías do choque!

Galería de imaxes: UD Xove Lago 2-0 SD Burela

A pasada fin de semana houbo derbi mariñán na Primeira Galicia, que mediu a Xove Lago e Burela no Municipal de Xove. Os tres puntos quedaron na casa, tras dous goles en escasos quince minutos (60′ e 73′). Sonia Paleo estivo presente neste choque, e autoría dela son estas fotografías!

Galería de imaxes: SD Brollón 2-3 O Incio Terra Brava

A pasada fin de semana viviuse na Pobra do Brollón un choque recheo de emoción, goles e ocasión, no que se mediron os locais co Incio. Nel, os visitantes fixeron gala da bravura seu nome (Incio Terra Brava) e conseguiron sacar tres puntos moi importantes de cara ao final de temporada no campo dos Medos.

Galería de imaxes: CD Palas – Ferreira FC

O pasado domingo foi día de partido en Palas, que mediu ao equipo local co Ferreira, vencendo 2-1 o conxunto dos Chacotes. Leti Fernández presenciou o duelo e tomou unha serie de imaxes que compoñen esta galería fotográfica!

Galería de imaxes: SD Becerreá 0-0 SD Brollón

A pasada fin de semana tivo lugar en Becerreá un duelo moi interesante entre os locais, a SD Becerreá, e a SD Brollón. Malia as numerosas chegadas de ambos equipos, o choque acabou co marcador co que comezara, 0-0. Aquí, as mellores imaxes do encontro, cortesía de Secundino Villaumbrales.

Galería de imaxes: Ferreira CF 1-0 SD Monterroso «B»

Atopámonos en plena estación invernal, e resultado diso é a chegada da nosa querida lama aos campos de fútbol da provincia. Lama que quedou reflectida nestas boas imáxenes de Leti Fernández do partido entre Ferreira CF e SD Monterroso «B», que venceron os locais por un axustado 1-0 no último minuto de xogo!

O partido en imaxes: PM Friol CD Lugo 2-2 Racing de Santander

O Friol CD Lugo estreouse nun encontro de liga no Anxo Carro con empate ante o Racing de Santander. No minuto 90, Fanny Varela empatou un encontro que se lle puxo costa arriba as locais. E iso que comezaron gañando cun bo gol da centrocampista Marta López, pero o Racing marcou antes do descanso e […]

Galería de imaxes: SD Outeiro de Rei 2-0 Chantada

[themoneytizer id=»15360-28″] A pasada fin de semana, a cámara de Xabier Piñeiro estivo no campo municipal de Outeiro de Rei. Alí, foi testemuña da victoria do cadro de Cholas ante os do Sangoñedo, 2-0.

Galería de imaxes: Iberia CF 2-1 Abadín CF

[themoneytizer id=»15360-28″] Esta fin de semana tivo lugar un interesante choque nas Valgas, que mediu aos locais, o Iberia CF co Abadín. Os tres puntos quedaron na parroquia costeira de San Miguel de Reinante, pero no partido puido pasar de todo. 

Galería de imaxes: O Incio Terra Brava 0-3 Ferreira CF

[themoneytizer id=»15360-28″]   A pasada fin de semana, a cámara de Leticia Fernández estivo de novo nun encontro do Ferreira CF, neste caso na súa victoria ante o Incio. Velaquí, as mellores instantáneas do choque!