As opcións de ascenso dende a Terceira Rexional

O Entroido serviu, entre outras moitas cousas, para que os equipos da Terceira Rexional non tiveran competición. Xusto antes de afrontar a súa particular recta final. Restan catro xornadas e todo aínda está por decidir na última categoría do fútbol afeccionado lucense. Aínda que a algúns clubs lles quedan menos de catro partidos por xogar, […]

O partido da xornada…A.C.D. Valadouro – Iberia C.F.: dous históricos en apuros cítanse no Árbol

Non fai moito tempo no Valadouro a Primeira parecía quedar pequena, e pouco antes, en San Miguel, competíase de ti a ti cos equipos máis punteiros da Preferente. Diferentes circunstancias nos dous equipos fixeron que os anos gloriosos remataran e este domingo, ás 16:15 horas, o campo do Árbol acollerá un enfrontamente entre A.C.D. Valadouro […]

As nosas redes falan

Boas novas O Palas continúa no máis alto do grupo sur da Segunda Rexional. Venceu no partido da xornada ao San Roque, que era o segundo clasificado (terceiro agora). A vitoria tivo unha mención especial para Iván Navia. O xogador palense do Racing de Ferrol Xuvenil está en proceso de recuperación despois de ter un […]

O partido en imaxes: CD Alfoz-SCD Milagrosa (3-2)

O pasado domingo celebrouse en Alfoz un gran partido entre o equipo mariñano e a SCD Milagrosa, que concluiu con victoria pola mínima dos locais e que lles serve para manterse en posición de ascenso directo. A nosa querida Sonia Paleo estivo presente no choque e, como sempre, fixo unhas grandes fotografías do choque!

O partido da xornada . . . C.D. Alfoz – S.C.D. Milagrosa: dous históricos na procura de tres puntos claves

O Municipal de Alfoz será, o sábado ás 16:15 horas o esceario dun encontro trascendental no grupo Norte da Terceira Autonómica. O conxunto local, o C.D. Alfoz, segundo clasificado, verase as caras co terceiro, a S.C.D. Milagrosa, ao que aventaxa en tres puntos. Ámbolos dous conxuntos descenderon a pasada campaña a unha categoría descoñecida para […]

O partido da xornada . . . Friol C.F. – S.D. Santaballés: dous conxuntos sen complexos fronte a fronte

A Reigosa será o esceario, o sábado ás 16:30 horas, dun dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. Friol e Santaballés veranse as caras nunha situación, que ben seguro, firmarían cos ollos pechados alá polo pasado mes de setembro. Dous conxuntos sen complexos que miran cara arriba, sen máis presión que a de facer bo […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – S.D. Sarriana: aspiracións contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

Fai tan só uns meses, Foz e Sarriana rivalizaban por ser os equipos que ocuparan os postos de ascenso a Preferente nunha Primeira Autonómica das máis competidas dos últimos anos. Ámbolos dous acadaron o seu obxectivo, e este domingo ás 16:15 horas no Martínez Otero voltarán a verse as caras, desta vez con aspiracións contrapostas. […]

O partido da xornada . . . Lemos – Riotorto: o líder ante o equipo máis en forma de Primeira

Este domingo ás 16 horas, a Pinguela acollerá un dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. O Lemos, líder sólido desde a primeira xornada, recibe a un Riotorto que non coñece a derrota nos últimos tres meses. Logo de quince xornadas disputadas, o Lemos conta con trinta e seis puntos e ocupa a primeira posición […]

O partido da xornada . . . Roupar – Xermade: igualdade nun derbi entre aspirantes ao ascenso

Atopar un derbi entre dous equipos do mesmo concello no noso rural non é doado. Pero Xermade é a excepción. Na xeografía do concello chairego atópanse competindo actualmente catro equipos: Xermade, Roupar, Cabreiros e Cazás, mentras que un quinto, o Momán fíxoo ata non fai moito tempo. Polo que, para os 1.884 xermadinos (dato de […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – Ribadeo F.C.: máxima igualdade no derbi da Mariña

Chega o derbi máis agardado na Mariña. Viveiro e Ribadeo, dúas das vilas máis emblemáticas da comarca. Capitais da Mariña Occidental e Oriental respectivamente sepáranas máis dos sesenta kilómetros que indica o mapa. Unha estrada do século pasado e unha vía de ferrocarril practicamente abandonada fan que os dous pobos parezan máis afastados do que […]

O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: choque de contrastes no Arturo Pereiro

O domingo ás 17 horas, o Arturo Pereiro será o esceario do encontro entre Castro e Ribadeo, dous dos representantes lucenses na Preferente Norte. Con pasado non moi lonxano en Terceira División, a situación a día de hoxe dos dous clubes é moi diferente. O cadro chairego ocupa a antepenúltima praza na clasificación con dous […]

Diario dun Mercado. Episodio 78

O futuro do CD Castro está garantizado. O clube chairego xa ten nova directiva, que será anunciada nas próximas horas, e poderá seguir cumplindo anos para a historia. Unha historia que comeza esta campaña o Carballedo. O cadro sureño vai perfilando o seu proxecto. E faino cunha fichaxe doutra provincia: Diana Gómez. Ademais, o mediocentro […]

Diario dun mercado. Episodio 76

A Sarriana é un dos equipos que máis se está movendo estes días no mercado provincial. Omar Rodríguez converteuse na nova fichaxe do conxunto adestrado por Alberto López nesta etapa na Preferente. Aos seus 31 anos cambia o Municipal de Castro pola Ribela despois de pasar por clubs como o Valadouro, Vilalbés ou Residencia. No […]

O partido da xornada . . . S.D. Burela – E.D. Lourenzá: o líder recibe un aspirante ferido

Este domingo ás 17 horas na Marosa dispútase un encontro que marcará o futuro da Segunda Autonómica. S.D. Burela e E.D. Lourenzá eran desde o comezo da competición dous firmes candidatos a ocupalos postos cabeceiras nesta categoría. Os burelaos, logo do descenso do pasado ano, buscaban saír do pozo á primeira, pero a temporada, malia […]