#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Soamente catro equipos suman os seis puntos na Terceira

Con dúas xornadas disputadas, dous equipos do grupo norte, Racing Vilalbés B e Mondoñedo, e dous do sur, Rubián e Taboada B, acadaron os seis puntos. Pola contra, Matela, Abadín (con só un encontro xogado), Relámpago Taboada e Bóveda non estrearon o seu casilleiro.

grupo norte

O Mondoñedo impúxose ao Abadín no ‘Derbi do Fiouco‘ (0-1). Típico derbi no que ningún dos dous equipos foi capaz de ter o dominio do encontro. Na primeira metade unha ocasión para cada equipo. Na segunda, o Mondoñedo logrou adiantarse cun tanto de Jacobo. O Abadín foise arriba na procura do empate, aínda que se acerto. A destacar a boa labor arbitral nun partido de continuas disputas.

O Racing Vilalbés B goleou ao Matela nun esceario de Terceira RFEF (6-0). O encontro só tivo unha cor, a do filial do Racing, que marchou ao descanso cunha renta de catro goles, e puideron ser máis nun encontro disputado sobre o céspede da Madalena. A segunda metade tivo un ritmo máis baixo, pero houbo tempo para dous tantos máis. O central Cadra foi autor de dúas dianas.

Rioaveso e Catro Roldas firmaron tablas no derbi vilalbés (1-1). Encontro moi reñido e case sen ocasións durante os primeiros corenta e cinco minutos. Na reanudación o Catro Roldas foi superior, aínda que sen chegar a concretar ocasións claras. Os dous tantos chegaron en erros defensivos.



Primeiro punto da temporada para Comercial B e Celeiro (1-1). Os viveirenses amosaron o seu ADN de pelexa e garra fronte a un Comercial B que mellora co paso dos adestramentos. Os de Martín Rodríguez foron mellores na primeira metade e perdoaron o gol, sobre todo a balón parado. Na segunda, o cadro lucense mellorou e adiantouse no marcador desde o punto de penalti por medio de Cristian. Cuarto penalti en contra para o Celeiro en dous encontros. Dez minutos máis tarde, Ceas rematou un centro de Dani Liz e fixo o empate.

O Cazás rescatou un punto no último tramo de encontro fronte ao Friol B (1-1). Primeira metade igualada na que os visitantes lograron adiantarse no marcador. A tónica repetiuse tras o descanso, ata que Álex Varela deixou ao Friol B con dez por dobre cartón amarelo. O Cazás apretou na procura do empate e este chegou nos últimos intres de encontro, obra de Marcos Gómez, que regresaba aos campos despois dunha longa lesión. A mala nova é que volveu a resentirse da lesión e agarda resultados do seu alcance.

grupo sur

O Rubián acada un set en branco fronte ao Relámpago Taboada (6-0). Segundo encontro e marcador idéntico o que sufre un Relámpago que amosou mellor imaxe que a que di o resultado. Pero o marcador non da lugar a enganos e os de Senén López foron superiores ao longo dos noventa minutos. Tres goles en cada tempo para un Rubián que é líder.



O Taboada B mantén o pleno de vitorias ao gañar na casa fronte ao Palas (1-0). Un solitario tanto de Varela na primeira metade decantou o partido para o filial do Taboada. O Palas, gozou de ocasións sobre todo na segunda metade, pero non estivo atinado.

O Castroverde venceu con solvencia ao Bóveda na Veiga do Olmo (2-0). Dominio total no primeiro tramo de encontro para o cadro local. Richard adiantou aos seus no minuto 19 e a falta de acerto privoulle ao Castroverde de ampliar diferencias. O Bóveda xerou perigo con balóns en largo á espalda da defensa, aínda que sen acerto. Na segunda metade ámbolos equipos gozaron de ocasións para marcar, pero foi Quique a seis para o final o que sentenciou o choque.

O Incio sorprendeu ao Santa Comba no seu feudo (1-2). Nun terreo de xogo moi duro e irregular, os de Ángel Merino foron quen de adiantarse no marcador cun tanto de Jaime. Asier e Jorge, a pases de Soto puideron deixar o encontro encarrilado para os locales, pero non estiveron atinados. Na segunda metade a boa presión do Incio deu os seus froitos e chegou a remontada con tantos de Dawin e Marcos Pombo, este último de penalti moi protestado polo cadro local.

O Sober levou o gato á auga no campo do Monterroso B (1-3). A boa presión do Sober fixo que recuperaran o balón en campo contrario. O primeiro tanto non tardou en chegar, obra de Xes en propia porta. Non tardou en chegar o segundo ao aproveitar Sergio un rexeite logo dun saque de falta. O filial monterrosino reaccionou e Saúl recurtou diferencias. Non baixou a intensidade o equipo de Ibán Lagoa e mesmo puido marcar de penalti, pero Alexis detivo o lanzamento. Nunha recuperación de Martín o Sober ampliou diferencias por medio de Brais. No segundo tempo o Monterroso B levou a iniciativa e xeraron perigo ante a portería de Sierra, pero o marcador non se moveu.

Os tres primeiros puntos para o Quiroga chegaron nas Rapadas fronte ao Páramo (0-1). O conxunto visitante tivo máis o balón e contou coas ocasións máis claras de gol. Na segunda metade o colexiado anulou un tanto moi protestado polo Quiroga, pero Jose anotou o gol do triunfo nunha xogada enrevesada. O Páramo gozou da súa mellor ocasión cun lanzamento de falta que se estrelou no longueiro.



Soamente catro equipos suman os seis puntos na Terceira

«Que ben, Kevin» e «Panizo, a que

Soamente catro equipos suman os seis puntos na Terceira

A Porra de Futbolinlugo, 4

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *