Non é a primeira vez que falamos con Sergio Cabanelas. E é que, de novo, o xogador monfortino volver ser novidade. Esta vez, pola súa fichaxe polo Bóveda e a súa retirada das porterías. A partir de agora, o que fora canterano do Real Madrid e internacional sub-17 non volverá a poñerse baixo o longueiro.
O porqué? Unha nova recaída da súa lesión no ombreiro, que lle obrigaría a volver a pasar por quirófano no caso de querer reincorporarse ao que era o seu clube ata facer ficha co Bóveda, o CD Barco da Terceira División. Hoxe falamos con Sergio para saber os motivos que lle levaron a formar parte do equipo bovedense.
FUTBOLINLUGO: Ola Sergio. Para comezar, en que momento decides poñer definitivamente por diante do fútbol o teu corpo?
SERGIO: Bueno, con tan só 22 anos e con dúas operacións a miña espalda, ter que operarse una terceira vez para xogar nunha categoría na que non se vive do fútbol fai que te plantees outras cousas.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
FUTBOLINLUGO: Ten que ser duro pasar de representar ao teu país a xogar en Primeira Autonómica, tendo en conta que todo se viu truncado polas lesións…
SERGIO: Son cousas que ten que vivir un futbolista, e a min tocoume así, pero as cousas cando veñen malas hai que afrontalas. Agora cambiei de vida, estou traballando, así que entro nunha nova etapa da miña vida.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Metinme nalgunha pachanga cando faltaba xente… e fun vendo que o meu ombro estaba a responder ben, así que decidín probar sorte.
FUTBOLINLUGO: Cales son os motivos que te levan a fichar polo Bóveda?
SERGIO: Máis que nada que o adestrador é o meu pai, e xa levaba un mes adestrando con eles e botándolle una man cos porteiros. Comecei a estar con eles, metinme nalgunha pachanga cando faltaba xente… e fun vendo que o meu ombro estaba a responder ben, así que decidín probar sorte.
FUTBOLINLUGO: Entrarás en todas as convocatorias?
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
SERGIO: Depende. A idea é encher a convocatoria cando non haxa xente suficiente, pero o que fago en principio é adestrar e o que quero é axudar ao clube e ao meu pai.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/03/cabanelas.png)
FUTBOLINLUGO: O sorprendente é que non vas xogar como guardameta. Que posición desempeñarás entón?
SERGIO: Xogarei na posición onde menos moleste (risas).
FUTBOLINLUGO: Coñecías xa a algún dos compañeiros do Bóveda?
SERGIO: Si, teño amigos da miña pandilla ou incluso xente de Monforte coñecida de sempre.
FUTBOLINLUGO: Tes pensado seguir no mundo de fútbol de agora en adiante, por exemplo, adestrando a rapaces?
SERGIO: De momento non teño nada pensado. Estou traballando e tamén no Bóveda, pero nun futuro tería que mirar diferentes opcións.
FUTBOLINLUGO: Gracias por atendernos, Sergio.
SERGIO: A vós!