#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Seis clubs ingresarán máis de 5.000 euros da Copa

Este xoves coñecemos o calendario da Copa Deputación 2026. A competición comeza a fin de semana do 4 de xaneiro. Se ningún club que se clasifique para as finais da Copa xoga promoción de ascenso nas súas ligas, o torneo copeiro finalizará en maio.

No aspecto deportivo a novidade principal é a supresión das prórrogas. Esta circunstancia alivia a carga física dos futbolistas, pero impedirá que se marquen goles como o o de Kadete para a SD Chantada na Copa de 2025.

En términos económicos, a Copa é unha fonte de ingresos para os clubs da provincia. A necesidade de recaudar é imperiosa para clubs humildes que aglutinan moitos gastos no día a día. Só por participar, os equipos ingresarán unha contía mínima que oscila entre os 635€ e os 1.000€.

Real Federación Galega de fútbol aporta a través da Copa 24.050€ fixos aos clubs da provincia por participación, cantidade menor que a ofrecida hai dúas tempadas para esta mesma competición, xa que se situaba nos 32.000 €.

Este curso os equipos da Preferente e da Primeira Galicia percibirán 400€. Mentres que os equipos das categorías femininas ingresarán 250€ (sen distinción de categoría). Esta mesma cantidade chegará as contas dos conxuntos da 2ª e da 3ª Rexional.

Pola súa parte, a Deputación mantén os cartos das últimas tempadas. A entidade provincial equipara na súa recompensa aos clubs masculinos da Preferente e da Primeira e aos clubs femininos da Primeira, Segunda e Terceira Galega. Por partido xogado perciben 450€ (como visitantes) e 600€ (como locais). As finais van á parte. O equipo gañador ingresa 5.000€ e o segundo 4.000€.

As cantidades baixan lixeiramente na Segunda e Terceira Rexional masculina. Por eliminatoria, os clubs que xoguen como visitantes reciben 385€ e os locais 450€. Na final, o campión ingresa 4.000€ e o subcampión 3.000€.

A diferenza está baseada nos costes de arbitraxe e instalacións que corren a cargo do club local. Os equipos non poden cobrar entrada na Copa Deputación. Con todo, teñen a posibilidade de aproveitarse doutros ingresos como os servizos de cantina.

Un equipo da Primeira Rexional que xogue as catro eliminatorias na casa recibiría 2.400€. Esta cantidade, sumada aos 400€ da RFGF, permitiríalle alcanzar os 2.800€. A maiores incrementaría a contía en 4.000/5.000€ dependendo do posto na final.

Os seis clubs finalistas poden superar os 5.000€ de ingresos. O equipo que menos percibirá será o subcampión da Copa da Segunda e da Terceira Futgal. Por esa posición é premiado con: 3.000 € + 1540 € (como mínimo das eliminatorias) + 250 € (da RFGF). En definitiva, como mínimo recibiría 4.790 €, no caso de que xogue todos os seus partidos fóra da casa.

As datas da Copa

A inxección económica é unha ledica para as entidades futbolísticas da provincia, pero as datas nas que se xoga non favorecen a que poidan contar con todos os seus xogadores. O torneo aproveita os descansos da liga para ir avanzando fases. Na reunión deste xoves, os responsables federativos lucenses volveron reiterar a imposibilidade de xogar a Copa antes de que comece o ano natural por cuestións de pago da Deputación.

4 de xaneiro: Fase previa na Preferente e na Primeira, na Segunda e na Terceira e no feminino

15 de febreiro (Domingo de Entroido): Dezaseisavos de final da Segunda e da Terceira

19 de marzo (xoves festivo de San Xosé): Oitavos de final da Preferente e Primeira; e da Segunda e da Terceira; e cuartos de final do feminino

5 de abril (Semana Santa): Cuartos de final da Preferente e Primeira e da Segunda e da Terceira; e semifinais do feminino

3 de maio (ponte do 1 de maio): Semifinais da Segunda e da Terceira

10 de maio: Final feminina

24 de maio: Final da Segunda e da Terceira e semifinais da Preferente e Primeira

31 de maio: Final da Preferente e da Primeira

Estas datas están suxeitas a cambios por cuestións das ligas ou promocións de ascenso

Consulta os distintos cadros da Copa aquí:

Foto de portada: Róber Carreira

Seis clubs ingresarán máis de 5.000 euros da Copa

Un San Lázaro en alza pon a