#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Terceira RFEF

Santi Gegunde (Sarriana): «Gustaríame ter seguido no Arousa, Luisito esixe moito»

Un clásico da Terceira galega. E, por suposto, do fútbol lucense. Santi Fernández Gegunde (Navia, 18/10/1993) é un dos dianteiros máis contrastados de toda Galicia. Máis aínda, co inicio de campaña que vén de asinar co seu novo equipo: a Sarriana. Marcou nas dúas xornadas disputadas e os da Ribela sumaron todos os puntos posibles. Con semellante carta de presentación, non nos quedou outra que entrevistalo nos micrófonos de Radio Lugo Cadena Ser.

O noso redactor Diego Díaz e o presentador do Ser Deportivos Lugo Alex Gato, exerceron de mestres de cerimonias dunha longa entrevista, que deixou varios titulares.

Pódese escoitar a nosa participación íntegra aquí (ademais, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana no fútbol estatal feminino, na Terceira RFEF e a Preferente e falamos sobre a VI Guía Futbolinlugo, que está á venda ata o próximo 29 de setembro).

Nas próximas liñas resumimos todo o que conversamos con Santi Gegunde. Desde o seu rendemento persoal ata os obxectivos da Sarriana para esta tempada. Así mesmo tivemos tempo a falar de favoritos dentro da Terceira RFEF así como analizar os outros conxuntos lucenses da categoría. E, ollo, que ata parolamos sobre o seu derradeiro adestrador: o afamado Luisito.



Un inicio de campaña inmaculado. «Nese aspecto goleador empezou ben a tempada. Se o equipo segue xerando ocasións como ata agora, será un bo ano a nivel goleador. O importante é que o equipo siga tan ben como ata agora. E se podo axudar con goles, mellor que mellor».

Cal é o obxectivo da Sarriana? «Fixemos un equipo interesante. Estamos empezando a coñecernos todos e acoplarnos. Tamén ao míster, que é novo na categoría. Cando estemos ben acoplados, estableceremos un obxectivo mellor. Unha vez nos posicionemos na zona alta da táboa, veremos se somos capaces de estar aí arriba todo o ano ou non».

Santi Gegunde, na súa etapa no Compostela, presionando ao último protagonista da xornada Javi Rey

Os favoritos ao ascenso? «O favorito número un é o Arousa. Non comezaron ben pero son o mellor cadro de xogadores da categoría sen dúbida. Logo estaremos varios equipos: a UD Ourense, o Racing Villalbés, o Alondras… Esperamos estar cerca deles e competir na zona alta. O importante é non pasar apuros para un club coma a Sarriana, que leva pouco tempo na categoría».

Un renacer do fútbol lucense? «Estanse facendo as cousas ben. Sempre houbo moi boas xeracións de xogadores na zona de Lugo. Penso que hai moito nivel. É importante que os equipos estén o máis alto posible para que os rapaces poidan xogar en Terceira ou categorías máis altas. Estámolo vendo este ano co CD Lugo. É importante que os xogadores vaian medrando e nos poidan dar alegrías no futuro».

A base provincial. «É un ano complicado. Desde que eu era xuvenil, o Lugo non deixaba de estar en División de Honra. Ten que ser un ano importante para poder apostar pola base. Que sexa un ano tranquilo para os rapaces. Tentar volver a División de Honra. E se non se pode, que cheguen os máximos posibles ao Polvorín e logo ao primeiro equipo. O CD Lugo está a facer iso ben, apostando por un equipo en Terceira División. Antes era moi difícil pasar de xuvenís a Segunda División, como me pasou a min».

Recorda que podes seguir toda a actualidade do fútbol galego en www.futbolingalicia.es

Como é iso de estar ás ordes de Luisito? «Luisito é moi boa xente. Sorprendeume moito nese aspecto. Un tipo moi cercano, ameno e ten boa relación cos xogadores. É moi intenso vivindo o fútbol. Esixe moito no día a día. Quere equipos protagonistas e preocúpase moito polos xogadores. Non deixa que te relaxes».

A experiencia no Arousa. «Foi unha experiencia curta pero intensa. Saín de Vilalba porque non tiña todos os minutos que consideraba. Estiven moi moi contento alí. Gustaríame ter continuado pero cambiou todo o corpo técnico e directiva e non se deu a oportunidade. Houbo moitos cambios no club pero moi agradecido por eses cinco meses. Competimos ben no play off pero un detalle nos deixou fóra. Deséxolles o mellor e ogallá pronto poidan ascender. Son dunha categoría superior á Terceira División».

Santi Gegunde (Sarriana): «Gustaríame ter seguido no Arousa, Luisito esixe moito»

Sanci e Brollón comezan de líderes tras

Santi Gegunde (Sarriana): «Gustaríame ter seguido no Arousa, Luisito esixe moito»

Diario dun mercado. Episodio 457

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *