Levar o alcume do teu pobo é motivo de responsabilidade. Tamén de orgullo. O nome de Samos estivo presente nos últimos anos por moitos dos campos da Preferente. Así é como se lle recoñece a Diego Castro Orille (Samos, 10-08-1990). Pero tamén se botou en falta nos últimos tempos. Son as cousas do fútbol modesto. Onde moitas veces os aspectos laborais condiciónante. Despois de ano e medio, Samos volve vestir as botas con tacos e pisala herba. O atacante, ex da Sarriana, reforza a un Paradela que non renuncia a nada. E faino ademais nas portas dun derbi.
Futbolinlugo: Por que volves ao fútbol campo? E como se deu a opción de vestir as cores do Paradela?
Samos: Xa tiña gana; xa me tardaba. Levaba toda a vida xogando. Parei polo traballo principalmente. Na Sarriana non podía adestrar de xeito rutinario e parei. Agora dende o Paradela xa levaban un tempo intentando convencerme. Traballo preto e animeime.
FIL: Con que obxectivo regresas?
S: Co de pasalo ben. Xa coñezo a case todos os compañeiros de xogar con eles. Xa sabía o que había. Penso que hai moi bo equipo e moi boa xente.
FIL: Cal cres que ten que ser o obxectivo de Paradela?
S: Directamente non mo dixeron. Se se pode estar aí arriba e pelexando na parte alta sería bonito.
FIL: Tes bastante experiencia en categorías como a Preferente, que supón para ti xogar nesta Segunda Rexional?
S: Agora mesmo cos anos que teño xogar máis arriba é máis difícil ao non poder adestrar moito. Esta é unha liga bonita porque hai moitos equipos da zona.
«Fálase moito do derbi, sobre todo, por como chegamos na clasificación»
FIL: De feito, o teu primeiro partido pode ser ante un dos veciños máis próximos. Como ves o duelo co Portomarín deste sábado?
S: Vívese bastante. É o derbi ao que máis ganas se lle ten. Fálase moitos estes días. Sobre todo por como chegamos os dous equipos. Estamos empatados a puntos na clasificación e xusto por debaixo dos postos de ascenso directo. Coñezo a bastantes compañeiros do Portomarín. Con moitos deles xoguei nas categorías inferiores da Sarriana. Imaxínome que será un partido moi igualado e intenso.
O Portomarín tamén se reforzou para este 2020:
Hugo Mendez ‘Barki’ regresa ao @Portomarincf despois do seu paso polo Albeiros de veteranos ⚽⚽ #DiariodunMeecado
— Futbolinlugo (@futbolinlugo) January 10, 2020
FIL: Como ves o duelo de goleadores entre Sergio Arias (Portomarín) e Dani Fuenteseca ‘Debasa’ (Paradela)?
S: Son dianteiros distintos. A min Dani gústame moito como xoga. Téñolle visto algún partido e creo que me parece capaz de poder xogar nunha categoría de máis arriba.
FIL: Neste último ano e medio pasácheste ao fútbol sala. Vas compaxinalo co Paradela?
S: Viñen para Samos xogar cos amigos. A idea é compaxinalo sempre que poda. Levo toda a vida xogando o fútbol campo dende pequeno. O tema do fútbol sala era bastante novo para min, quitando así algún torneo. O campo é a diferenza máis importante (risas).
DIEGO CASTRO ORILLE ‘SAMOS’ EN CURTO…
Un campo da provincia: A Ribela. Onde levo xogando practicamente toda a vida
Un gol especial: Acórdome dun contra o Lemos no derbi. Saira de suplente e marcara un gol.
Un compañeiro: Luisma na Sarriana. Que xusto agora está lesionado. Conxeniamos moi ben.