#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Feminino #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Rubén ‘Peón’: «A SD Chantada é imposible deixala, somos unha familia»

Chantada está no foco nesta pretempada. Ante os rumores dunha posible fusión entre a SD Chantada e o Chantada Atlético, todos permanecemos á espera de posibles acontecementos. Unha situación que se aclarará o próximo luns día 22 de xullo, coas respectivas asembleas de ambos clubs.

Mentres tanto, toca centrarse no presente. E analizar o pasado máis recente. Hai dous anos tiñamos por Carballedo, a un dos referentes da SD colgando as botas. Rubén González Fernández ‘Peón’, poñía punto e final á súa carreira como xogador, visiblemente emocionado. E pasaba a ser un dos asiduos ao gran evento do ano: o All Star Futbolinlugo.

Nesta última edición, deixouse ver por Guntín e atendeu ás preguntas do compañeiro da Radio Galega e Futbolingalicia Carlos Julio González. A continuación, deixámosvos un resumo do que falaron. E se queredes escoitar a entrevista completa podedes facelo aquí (minutos 02:37:10 a 02:40:39).

A súa presenza en Guntín. «Aquí estamos para apoiar a esta xente que fai tanto traballo, que cubre noticias de xogadores, de fichaxes, de todo… Hai que axudarlles no que se poida, participando».



A situación actual da SD Chantada. «A SD Chantada somos unha familia todos, é imposible deixalo. Foi unha pena que se nos escapara ao final, nos últimos minutos. A masa social da SD Chantada creceu unha ‘salvaxada’. Para ser Primeira Rexional… Aquilo tiña pouco de Primeira Rexional».

«Non te podes imaxinar o que se vive dentro por un mesmo escudo«

A Peña Foci e unha afección moza. «Viña xa medio derivado da fase de ascenso anterior que tamén se nos escapou. A verdade é que… Xuvenís, cadetes, feminino, o B… Toda a xente está involucrada no club e todo iso é incrible. Non te podes imaxinar o que se vive dentro por un mesmo escudo».



Peón (abaixo á esquerda), entre lendas do fútbol lucense

Seguimento dos veciños. «Tivemos cea do club e xa se falaba un pouco da xente que viña xogar. Hai que vir velos e ver o fútbol da comarca. A xente que vas vendo polos campos: adestradores, árbitros, todos. Entón o que toca é apoiar a esta xente de Futbolinlugo, que fai un traballo enorme».

A dimensión do All Star Futbolinlugo. «Eu son DJ e estou vendo o escenario e igual me meto a darlle un pouco. Hai fisio, perruqueiro de todo… A verdade é que hai de todo, está moi ben. Antes non tiñamos isto cando iamos xogar por aí adiante».

Rubén ‘Peón’: «A SD Chantada é imposible deixala, somos unha familia»

O IV All Star Futbolinlugo en imaxes.

Rubén ‘Peón’: «A SD Chantada é imposible deixala, somos unha familia»

Diario dun mercado. Episodio 434

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *