#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

Rolda previa Copa Preferente e Primeira 19-20

*San Roque-Riotorto: Soberbia estrea do novo Riotorto de Suso Orxás. O fútbol directo e o balón parado tumbaron a un San Roque que quixo pero non puido. Diego Núñez, cun doblete, marcou as diferenzas no campo que o viu crecer.
*Chantada-Friol: O gol inicial do Friol foi un espellismo. O Chantada non perdeu os nervos, madurou o encontro e remontou cos tantos de Barrio e Kadete antes do descanso. Os de Juan Rodríguez remataron goleando nunha reanudación na que os visitantes plantaron máis cara.
*Xove Lago-Monterroso: Dobre triunfo para os de Óscar Méndez. Pasaron de rolda e levaron o Trofeo das festas de Xove. Un postreiro gol de Adrián Antas resultou decisivo ante un conxunto mariñán que xogou a última media hora cun home menos. Luis Varela foi expulsado no seu regreso ao Municipal.
*Taboada-Pol: Remontada na Medela. O novo Pol de Fernando Corredoira adiantouse cun gol de penalti de Iván González. Reaccionou o Taboada buscando balóns á espalda da defensa rival. Non foi quen de marcar antes do descanso. Porén, na segunda metade Moski e o balón parado destrozaron ao Pol.
https://www.cdlustore.com/13-equipaciones
*Burela-Castro: Aviso a navegantes do Burela. O doblete de Diego Chao na primeira metade foi unha losa demasiado grande para o Castro. Os de Vitín abriron as liñas e tiveron as súas opcións, especialmente na segunda parte. O gol da sentencia de Jairo rematou con calquera esperanza de remontada.
*Santaballés-Folgueiro: Encontro de xogo directo que non se decidiu ata o cuarto de hora final. O Folgueiro neutralizou o tanto inicial do Santaballés antes do descanso. Nos últimos minutos, a experiencia e o oficio chairego impúxose á vontade dun equipo visitante coas pernas moi pesadas.
*Outeiro de Rei-Chantada Atlético: Puro espectáculo no Municipal de Outeiro. Gran inicio dos de Josito Jul, que se adiantaron nun testarazo. O Chantada Atlético mellorou co paso dos minutos. No entanto, os azulóns marcaban de novo ao inicio da reanudación. Os chantadinos tiraron de coraxe e calidade e déronlle a volta ao marcador. Doblete de Ivi incluido.

Rolda previa Copa Preferente e Primeira 19-20

O partido en imaxes: Xove Lago-Monterroso (0-1)

Rolda previa Copa Preferente e Primeira 19-20

Diario dun mercado. Episodio 136

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *