Só tivemos un partido esta pasada fin de semana. A xornada de descanso do PM Friol propiciaba que só Lugo e Antas disputaran a terceira data da Primeira Galicia. Por desgraza, só pudieron xogar as albivermellas. O Antas non foi quen de xuntar as xogadoras suficientes para comparecer no feudo do Narón. O cadro do Castro Seoane contaba con varias lesionadas e a súa presenza pola zona de Ferrol resultou imposible. O bo é que parece que varias das mancadas se recuperarán ao longo desta mesma semana.
Así que toca falar do único encontro da xornada, o dun Lugo que só sabe gañar. Nove puntos de nove posibles para as de Joaquín Blanco. O conxunto capitulino púxose o mono de traballo e logrou unha nova vitoria dun xeito menos brillante que as anteriores.
O Lugo dominou o partido de principio a fin, aínda que con menos fluidez da que caracteriza. As lucenses puideron resolver o choque antes ante un Noia que apenas xerou unha ocasión na segunda metade. Marta adiantou ás blanquivermellas pasado o cuarto de hora de xogo. Esther sentenciou a vinte minutos da conclusión.
RESULTADOS DA XORNADA
Noia 0-2 Lugo


comeza a segunda galicia con tres derbis
Fixéronse agardar os calendarios da Segunda Galicia. Pero xa os temos con nós. E podedes observar o do Grupo 3, o de todos os conxuntos lucenses, na seguinte ligazón:
A primeira xornada deixounos os seguintes duelos, os cales analizaremos con detalle a próxima semana en ‘Con F de Futbolista’, como cada mércores:
- Monte Forte vs Comercial
- San Lázaro vs EF Silleda
- San Roque vs Milagrosa
- Carballedo vs Chantada
- PM Friol B vs Arzúa


