#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Preferente Futgal

Pichi: «Con dous ou tres fichaxes podemos arranxar»

José Antonio Quelle ‘Pichi’ regresou aos bancos da provincia. Unha estrea máis que desexada despois dun longo tempo afastado da primeira liña do verde. Un 4-0 ante o San Tirso que alimenta as esperanzas do Ribadeo na Preferente Galicia Norte.

‘Pichi’ é un dos homes de moda no fútbol lucense. Por iso, quixemos falar esta semana co novo preparador dos do Pepe Barrera nos micrófonos de Radio Lugo Cadena Ser. O noso redactor Diego Díaz e o presentador da Cadena Ser Alex Gato, foron os mestres de cerimonias.

Pódese escoitar a nosa participación íntegra aquí (ademais, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana no fútbol feminino, a Segunda e Terceira RFEF como cada xoves).

Nas próximas liñas resumimos todo o que falamos co novo técnico do Ribadeo. Desde o seu debut, pasando por posibles fichaxes, ata os motivos que o levaron a asinar polos mariñáns.



O debut soñado? «O equipo viña un pouco necesitado, máis ben a nivel de ánimo. Ante un equipo complicado como o San Tirso, gañar así 4-0 axuda a saír desa mala xeira. Polo menos, para cambiar a moral do cadro de xogadores».

Valoración do cadro de xogadores? «Houbo xente que parou. O cadro de xogadores quedou algo curto, coas lesións e iso. A xente está adestrando moi ben. Confío moito neste Ribadeo a nivel de calidade. Agardo que teñamos o compromiso necesario, que pedín, de aquí a final de Liga. Logo a ver se conseguimos dúas ou tres ‘peciñas’ máis e penso que nos pode chegar para ir tirando ata final de tempada».

Posicións a reforzar? «Fundamentalmente necesitamos algo atrás, laterais. E xente en banda, máis arriba. Con dúas ou tres persoas podemos arranxar».



O Ribadeo posa para a última Guía Futbolinlugo no pasado verán

Obxectivo do equipo? «Coa igualdade que hai, os arrastres… Estás metido aí… O obxectivo é a permanencia. Pero como di o gran Simeone, iremos partido a partido e ata onde nos leve a Liga. Agora gañamos dous ou tres postos pero podémolos perder a semana que vén. Tamén é certo que cunha boa dinámica te podes meter arriba. A ver se conseguimos unha regularidade para saír de aí abaixo o antes posible».

Os motivos de asinar co Ribadeo? «É un equipo histórico. Se te chama un equipo como o Ribadeo, métenche o ‘gusanillo’. Había xogadores que xa coñecía e coincidín con eles. Cando contactaron comigo non tardei en decidirme».

Foto portada: EL PROGRESO

Pichi: «Con dous ou tres fichaxes podemos arranxar»

O Celta Barreiros acada o ascenso matemático,

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *