O domingo ás 16:15 a Veiga recibe a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, a S.D. Sarriana. Un equipo recén descendido da Preferente, que é terceiro na clasificación a un punto dos postos de ascenso e cun partido menos. Pero o anfitrión é o C.F. Riotorto. Os locales son os inquilinos do segundo posto, e acadaron dez dos últimos doce puntos en xogo.
Esta é a carta de presentación dun encontro que comezará a dilucidar os postos altos da táboa, máis apretada ca nunca. Para Ramón Labrada, técnico do Riotorto «chegamos moi ben a este partido, posiblemente no mellor momento do ano«, sobre todo logo do triunfo nun campo complicado como Cerdeiriños. Para o míster do cadro local «teremos que xogar súper concentrados, porque ante un equipo do potencial da Sarriana se non o fas podes saír incluso goleado, pero na Veiga estamos a comportarnos moi ben e o lóxico e que lle podamos competir a este equipo«. Para Labrada «a Sarriana ten xogadores como Marino, Héctor, Samos ou Marzán son diferenciales nesta categoría«. O Riotorto contará coas baixas de Play por lesión e Fran Pastor por sanción, pero «temos a ilusión por competir neste tipo de encontros contra equipos que realmente sí que teñen o obxectivo de ascender que non é o noso caso, pero é bonito verse ahí arriba o maior tempo posible» afirma Ramón Labrada.

Pola súa banda, a S.D. Sarriana tamén afronta o choque con baixas. Raúl e Jacobo por motivos persoais, e Héctor e Marzán será dúbida ata última hora. Para Julio Corral, técnico sarriao «son baixas importantes, chegamos mermados a este partido, pero intentaremos competir o mellor posible». O míster non duda en afirmar que «o equipo está asentado xa na competición logo dun inicio un tanto complicado, o cal era lóxico, ao haber moitas incorporacións«. Do rival, «o que máis me preocupa é a súa seguridade atrás, encaixan moi poucos goles, polo que trataremos de atopar o camiño para crear ocasións e intentar contrarrestar o contragolpe«, nos di Corral, que logo de acadala ascenso a Primeira co Ferreira o pasado ano, buscará repetir coa Sarriana outro éxito máis.


ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .
Preferente Autonómica

– S.D. Residencia – Atlético Escairón (Domingo ás 17 h. na Cheda): Os capitalinos levan catro xornadas sen perder e chegan logo de gañar ao Polvorín, mentras que os do Saviñao tan só sumanron dous dos últimos doce puntos e úrxelles o triunfo para saír dos postos de perigo.

Primeira Autonómica
– Club Lemos – Ferreira C.F. (Domingo ás 16:15 h. na Pinguela): os monfortinos, infalibles no seu campo, non poden permitirse outro tropezo pra seguir nos postos altos. Os seus veciños de Pantón, colistas, buscarán a reacción ante un dos galos.
– A.C.D. Xermade – C.D. Foz (Domingo ás 16 h. no Municipal): os chairegos abandoaron o último posto e levan tres xornadas sen perder. Reciben ao líder, oito triunfos nos últimos nove encontros os pupilos de Gayol.

Segunda Autonómica
– E.D. Lourenzá – Guitiriz S.D. (Sábado ás 16:30 en Santa Cruz): os de Diego Rego non perden desde a terceira xornada de liga. Os laurentinos quererán prologar a súa racha e asaltalo liderato dun Guitiriz que chega tras colleitalas dúas primeiras derrotas da temporada.
– S.D. Burela – U.D. Folgueiro (Domingo ás 16 h. na Marosa): Un só punto de diferencia a favor dos burelaos na clasificación. Ámbolos conxuntos chegan tras sete xornadas sen perder e miran de reollo os postos de ascenso.
– C.D. Brollon – Friol C.F.(Domingo ás 16 h. nos Medos): Chega o líder, cunha racha que asusta, a Os Medos, pero os de Rafa Casanova non o terán doado ante un Brollón que se fai forte no seu campo.
Terceira Autonómica
– S.D Cervo Sargadelos – A.D. Catro Roldas (Domingo ás 16 h. na Bidueira): os cervenses recuperaron o terreo perdido na primeira xornada da fase de ascenso, mentras que o Catro Roldas fixo o camiño inverso. Encontro pra situarse na cabeza da táboa.
Segunda División Feminina
– Antas S.D. – C.F. Rúa Valdeorras (Domingo ás 17 h. no Castro Seoane): Ás da Ulloa contan os seus encontros por victorias, e se gañan o domingo serán campioas de inverno. Ás da Rúa non serán un rival sinxelo, ocupan o quinto posto.
