#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: tres puntos para engancharse á cabeza

Domingo día 14 ás 16 horas no Arturo Pereiro. C.D. Castro e Ribadeo F.C. desputan o «partido da xornada» no fútbol provincial. Ámbolos conxuntos tan só están separados nun punto na táboa clasificatoria e os dous levan unha traxectoria similar no que vai de temporada.
O Castro é quinto clasificado a cinco puntos do Polvorín, que ocupa posto de ascenso directo. Os homes de Javi López chegan a este choque revitalizados logo do triunfo in extremis ante o Viveiro do pasado fin de semana, e quererán deixar claro que a derrota ante o Betanzos foi un mero accidente. A única ausencia previsible será a de Hugo Buide, que xa adestra co grupo pero aínda non está dispoñible.
Javichu, dono da banda esquerda do Castro, considera que «chegamos nun bo momento, comezamos algo dubitativos, pero vamos collendo confianza a medida que acompañan os resultados e mellora o xogo e se seguimos así creo que estaremos loitando ata final de temporada nos postos altos». Para o de Portomarín «o Ribadeo ten xogadores con moitísima experiencia, Poratti, Rafa Casanova, Criss, Santi…xogaron en categorías superiores e calquera che pode complicalo partido». Foron dúas temporadas as que Javichu xogou nas filas do Ribadeo e para él «é un partido especial xa que conservo moitos amigos e gardo moi bos recordos desta etapa, sobre todo da gran temporada que fixemos en Terceira, malia que na seguinte descendemos».

 

O Ribadeo F.C., ao igual que o seu rival, chega a este encontro coa moral alta, logo do convincente triunfo logrado na Fontenla ante o Xallas. Con un un punto menos que os chairegos, os pupilos de Fiz Rodríguez ollan de preto os postos de ascenso, ao mesmo tempo que se laian dos moitos puntos perdidos ante rivais da zona baixa. Para este encontro, Poratti é probable que sexa da partida logo de perderse o anterior encontro por lesión.
Tichu regresa ao Arturo Pereiro
Outro que reaparece, logo de cumplir un partido de sanción é Tichu, que volve á que foi a súa casa as últimas campañas. «Despois de estar no Castro catro temporadas e media faráseme raro ter que cambiarme no vestiario visitante, pero a verdade é un dos encontros marcados no calendario, xa que, sempre nos gusta enfrontarnos a amigos dentro do terreo de xogo», apunta o de Outeiro. Para o mediapunta do Ribadeo «o equipo chega con moitas ganas e confianza, xa que o triunfo ante o Xallas de forma tan clara e sen encaixar permítenos encarar o partido nunha boa situación. Para o equipo que gane vai ser un punto de inflexión, polo que imos moi mentalizados». Considera que o rival «é un bloque sólido, sobre todo na casa, e foron o único equipo que lle gañou ao líder, o que di moito deles. Son moi perigosos a balón parado xa que teñen a xente moi poderosa como Diego Núñez ou Ruchi, pero tamén nas contras con xogadores como Marino ou Omar (ao que se lle queda pequena a categoría) que son moi rápidos, ou a calidade de Iván González…».
ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER…
Preferente Autonómica
Polvorín S.D. – Atlético Escairón (domingo 14 ás 17 h. na Cheda): O filial lucense chega ferido logo de caer derrotado ante o Estudiantil, pero os de Charly tamén precisan os puntos pra fuxir dos postos de perigo.
Primeira Autonómica
Riotorto C.F. – S.D. Chantada (domindo 14 ás 16 h. na Veiga): os locales, logo do triunfo ante o Xove tentarán darlle outra alegría a afección ante un rival que non se pode permitir outro tropezo tras caer na Pinguela.
Club Lemos – S.D. Monterroso (domingo 14 ás 16 h. na Pinguela): Os de Edu Rodríguez amósanse intratables no seu campo, pero reciben a un Monterroso que non renuncia a engancharse aos postos de cabeza.
C.D. San Ciprián – Sporting Pontenova (domingo 14 ás 16 h) logo da dolorosa derrota ante o Foz, os de San Cibrao quererán resarcirse ante un Sporting que vén de gañar no Árbol. Partido importante na loita pola permanencia.
Segunda Autonómica
S.D. Pol – U.D. Folgueiro (domingo 14 ás 16 h. no Manuel Luna): ámbolos dous equipos igualados a puntos a tan só un dos postos de ascenso.
Terceira Autonómica: Comeza a segunda fase do campionato, co ascenso en xogo.

 

Chega a fase final da Liga Galega

Marcos (Iberia C.F.): «Xa se retiraron os

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *