Sempre me gustou o noso fútbol, o popular. Aquel que non conleva soamente discutir sobre o sistema de xogo, nin tan siquiera sobre o resultado. Aquel no que te atopas cos amigos, ou cos que non o son tanto, pero cos que che presta conversar sobre o traballo da semana, ou donde andan os fillos estudando, ou do que cadre.
As miñas primeiras incursións nos campos de fútbol foi nos anos 90 na Mariña. Daquela, e como nos comentaba Carlos Devesa, a xente acudía en gran cantidade animar ao equipo do seu pobo, pero tamén ía ao campo do veciño cando os seus xogaban fóra, creando así afección e ateigando as gradas.
Daquela, moitos equipos mariñáns xogaban en Terceira. Chegaron a coincidir o Mindoniense, Ribadeo, Burela, Xove Lago e Viveiro. En Preferente andaba o Iberia, Foz, Pontenova, Alfoz…é decir que había derbis bastante a miudo. Os habituais do Viñas da Veiga ás veces tamén estaban na Marosa a ver que tal xogaba o seu rival. Ou se visitaba o Martinez Otero un bo rival, porque non ver un bo encontro de Preferente?
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/05/futbolpopular2-300x200.jpg)
Un derbi sempre é un acontecemento, pra os fútbolistas aos que lles gusta enfrontarse aos seus amigos e moitas veces antigos compañeiros, e sobre todo pra afección. Un exemplo é o «derbi da horta«, entre Lourenzá e Mondoñedo. Pobos amigos e veciños, pero con esa rivalidade sá que fai que os días de enfrontamente entre os dous clubes se crea un día máxico, de irmandade entre as afeccións que comparten taberna antes de ir ao campo, e logo grada, as máis das veces chea ata a bandeira.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Debemos ser conscientes que os tempos cambian. Antes, os equipos tiñan unha plantilla chea de xogadores do pobo, pero agora por diversos motivos é complexo acadalo. Non debe ser este feito unha excusa para non apoialo equipo da túa vila, da túa parroquia ou do teu concello. No fútbol popular por sorte, o que viste a camisola do teu clube vai dalo todo por ela.
Como me dixo este inverno un afeccionado do Ribadeo no Pepe Barrera «non puiden saír da casa en toda a semana de tanto como choveu, pero pra vir ao fútbol sempre se fixo un esforzo«. Pois iso, fagamos un esforzo polos nosos clubes, en definitiva, como dixo Iván Calaza, polo fútbol de terrón.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)