Sábado e domingo , semana tras semana, a esencia do noso fútbol vívese ao longo e ancho da nosa provincia. Onde a ilusión de moitos xogadores e pobos conflúe nunha mesma ilusión, o amor e enfermidade polo fútbol.
Son tempos de cambio social, supoño que etapas. Pero agora desenvólvese máis o modelo do xogador, que xoga e non moito máis. Cando hai uns anos había esa involucración para sacar adiante un equipo. Dende para pintar os campos, ata para abrir as instalacións, limpalas, etc…
Outro actor moi importante son os árbitros, papel en ocasións complexo. Onde persoas que teñen tamén a súa vida persoal, sacrifican fin de semana si e outra tamén, para percorrer a provincia. A meirande parte con vocación e en ocasións, tendo que aturar situacións complexas. Vénseme á cabeza, moitos rapaces que comezaron no seu día, coas súas familias desprazándoos aos diferentes campos. E ás veces tendo que escoitar cousas desagradables. A todo isto, o cambio na presencia territorial da Federación Galega de Fútbol e a súa operatividade, facilita e axuda ó crecemento progresivo dos clubes e evidentemente, por efecto arrastre da propia Federación.
Así mesmo, hoxe é o Día conta a Violencia de Xénero, unha lacra coa que todos temos que rematar. Pero todos e cada un dos días deben ser o día da muller, por e para lograrmos unha igualdade efectiva e real. O meu humilde recoñecemento para todas aquelas rapazas que xogan na nosa provincia e para aquelas árbitras, en ocasións con inicios complexos. Estou seguro que nesta nova xeración que está saíndo vanse consolidar varias delas. Directivas e colaboradoras dos clubes e, como non, para as súas familias que en ocasións tiveron que pasar por algunha situación complexa. Debemos ir todos da man para que o verdadeiro protagonista sexa o balón e as morea de ilusión que move o fútbol.