Pois vou empezar dándolle as grazas a Futbolinlugo, por darme a oportunidade de escribir unhas palabras nesta fantástica web. E tamén polo grandísimo traballo que fan polo ‘noso’ fútbol!!
Pois ben… no meu “palabra de…”, quería falar do sentimento dun xogador da casa.
Vou empezar polo principio, comezei xogando ao fútbol fóra de Lourenzá. Xa que nos coincidiu unha época na que, por desgraza non había futbol no meu pobo. E tocoume darlle as primeiras patadas a un balón no Cárnicos Río, de Riotorto. Doume conta agora do enorme esforzo que facía esa directiva para que os nenos coma min poidésemos practicar este deporte tan bonito. Recordo sobre todo os partidos en Lugo, que creo que eran todos, xa que os equipos de Lugo non se desprazaban ao mítico campo da Augaxosa. Cantos quilómetros leva recorridos meu avó comigo no coche. Se levo tantos anos vinculado ao fútbol, teño claro que lle debo moito á persoa que ata que por desgraza se marchou, os partidos que non me viu xogar cóntanse cos dedos dunha man.
Ben, despois foron pasando os anos e xoguei en varios equipos. Foz en varias ocasións, a cal considero a miña segunda casa. Iberia, Xove… en todos eles gardo uns bos recordos e en todos me trataron dunha forma exemplar.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Pero con 23 anos, e empuxado tamén algo polo feito de que me tiven que marchar traballar para Coruña, onde sigo a día de hoxe; decidín ir para o meu querido Atlético Lourenzá. E non pasa o día no que me sinta afortunado de tomar esa decisión. En Lourenzá vivese o fútbol como en ningún outro lugar. Na miña humilde opinión claro, digo vívese, por que é algo que se respira toda a semana na xente. Na Santa Cruz a afición do Atleti, fíxome vivir momentos que nunca na miña vida vou olvidar. Xa non solo polos derbis contra o Mondoñedo, se non cada domingo, sen excepción, foron sempre o xogador número 1. Levo xa moitos anos defendendo esta camiseta e cada día que salto o campo sígueseme poñendo un ‘gusaniño’ no estómago que cando xa non o teña, non dubidarei en saber que chegou o final. Pois todos os Atléticos, non se merecen un minuto no campo que non sexa ao 100%.
De feito, aproveito tamén, para dicirlles que intentaremos darlle a volta á mala situación que estamos a vivir agora mesmo. E que faremos todo o posible para deixar o equipo na categoría que se merece!
Un saúdo e grazas de novo.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Iván Recalde Docampo. Lenda viva laurentina
Fotografías: Laura Teijeira e Luz de Lugo