#Palabra de

Palabra de… Marcos Fernández: «Xa sería tempo de amigables»

Esta fin de semana, dun ano calquera, os futboleiros máis apaixoados estariamos de noraboa, polo menos os da parte da Mariña. O Triangular da Festa dos Chóferes de Alfoz daba o pistoletazo de saída aos amigables do verán.
Logo de dous meses sen fútbol xa lograbamos matar o «gusanillo» e sobre todo volvíamos sentir esa maxia de disfrutar do ambiente do noso fútbol popular.
Falar con outros «frikis» coma ti, escoitar a algún directivo falar con orgullo dun fichaxe ou do xuvenil que este ano si dará o salto ao primeiro equipo, son eses intanxibles que che dan moita vida.
E encima estes dous últimos anos en Alfoz tamén comezaban os preparativos para a Guía do Fútbol Lucense, as primeiras fotos, os primeiros datos…..
Este verán do 2020 temos que cambiar o chip, asimilar que o coronavirus veu para quedarse e o fútbol non será o mesmo nun tempo, e moi especialmente o que máis nos gusta, o dos nosos equipos, onde xogan os nosos compañeiros, os nosos amigos ou veciños.
Vemos que o fútbol profesional, con toda a súa infraestructura, non é alleo aos problemas do Covid-19, e que as ansias de rematar as competicións, sexa como sexa, lle xogaron unha mala pasada aos seus dirixentes.
Fai tan só uns días, Negrín expresaba nesta web as súas dúbidas ao respeto da vindeira temporada. E non é para menos. A incertidume ao redor desta pandemia que nos tocou vivir é grande e non é posible facer unha previsión nin a un mes vista.
De todos é sabido que os equipos do fútbol popular non poden sobrevivir sen os seus socios, os patrocinadores que fan un esforzo grande para apoiar aos veciños, e tampouco sen os ingresos que xera a cantina cada domingo. 
Veremos se nun prazo de tempo non moi amplo se pode compaxinar todo isto e o Covid-19 nos da unha tregua.
Confiemos en que así sexa.
Marcos Fernández, redactor en Futbolinlugo e amante do fútbol popular. 

Palabra de… Marcos Fernández: «Xa sería tempo de amigables»

Diario dun mercado. Episodio 181

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *