#Feminino #Fútbol afeccionado

Paco López: «Había situacións nas que non estaba cómodo”

Hai uns días facíase oficial unha nova sorprendente no noso fútbol. Paco López, adestrador do Peluquería Mixta Friol, deixaba o clube no que levaba escasos tres meses. Antes de coñecer sustituto, Futbolinlugo falou con Paco para coñecer máis acerca da marcha do técnico de As Pontes.

FUTBOLINLUGO: Ola Paco. Antes de nada, por qué decidiches deixar o Friol?

PACO: Desde o primeiro día que cheguei a Friol xa lle dixen á directiva que en canto non estivese a gusto coas diversas decisión, ou mesmo se eles veían que eu facía algo que con convencía, que sería o primeiro en apartarme. Dase o caso de que hai situacións nas que non estou cómodo, polo que decido desvincularme xa que nin moito menos vivo do fútbol.

 



FUTBOLINLUGO: Sen embargo, deportivamente falando, as cousas marchaban moi ben.

PACO: Non, levabamos 4 puntos de 9 posibles, polo que a marcha non é por cuestión deportivas, senón porque eu non estou a gusto. Igual que un presidente pode despedirme, neste caso son eu o que se despide.

 



FUTBOLINLUGO: Esta foi a túa primeira experiencia no fútbol feminino. Que che pareceu?

PACO: A experiencia moi boa, leveime unha gran impresión. Hai rapazas cunha técnica e táctica increíbles, e en canto ao compromiso incluso mellor que no fútbol masculino. Hai 20 rapazas en plantel e non baixabamos de 17 en ningún adestramento. As condicións de adestramento inmellorables, pero o clube ten unha serie de compromisos adquiridos coas xogadoras, e se non son o que ti queres, é momento de deixalo.

 

FUTBOLINLUGO: En canto ao teu futuro, tes en mente algún outro equipo ou tonarás un ano sabático?

PACO: Nunca se sabe, e depende do que poida surxir. De momento non teño nada, pero se sae algo, todo será falalo e tratar de chegar a un acordo. Logo xa tocaría poñerse a adestrar, que a min é o que me gusta.



 

FUTBOLINLUGO: Moitas gracias por atendernos, Paco.

PACO: A vós.

Paco López: «Había situacións nas que non estaba cómodo”

Qué ver esta fin de semana? (30

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *