#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Os sobranceiros da Terceira Galicia na segunda xornada

O Cervo e o Corgo xa lideran en solitario os seus respectivos grupos da Terceira despois de dúas xornadas consecutivas. No grupo sur o Quiroga e o Sober colideran a categoría. Nesta xornada o Friol B debutou en partido oficial e o Relámpago Taboada iniciou a súa segunda campaña de vida despois de descansar na primeira fin de semana de competición.

No grupo norte, o Cervo encabeza a clasificación despois de vencer ao Celta Barreiros con dous goles de Jardel. Un encontro no que, segundo o adestrador local Iván, venceron por máis demérito do rival. O Goiriz conseguiu a súa primeira vitoria ao derrotar con claridade ao Cervo onde se luciu Mateo con dous goles e unha asistencia; e Manel, que aos seus 43 anos, anotou un bo gol de vaselina para pechala goleada. Aínda así, o Celeiro tivo as súas ocasións con dous disparos ao pau por parte de Edgar. Tamén logrou os primeiros tres puntos o Rioaveso ao gañar ao Cazás. No outro partido do grupo o partido foi suspendido cando o marcador ía 1-1 entre o Catro Roldas e o Muimenta no minuto 75. As sancións da Federación impoñen nove meses de inhabilitación a Mario e cinco partidos ao porteiro Jairo. Ambos os dous xogadores do Catro Roldas, que xa amosaron a súa disconformidade co que o árbitro puxo na acta. Os dous clubes terán que decidir unha nova data para rematar o encontró.

No grupo centro, o Corgo é o líder despois dun novo triunfo no que Debasa anotou un hat-trick diante do Friol B, no que o xoven Piñeirín marcou o primeiro gol en partido oficial do filial friolés. Pola súa banda, o Rábade conseguiu o primeiro punto da súa historia ao empatar por 1-1 diante do Laxosa e o Guntín derrotou por 2-0 ao Fonsagrada deixando a súa portería imbatida.

No grupo sur Marcos Fradejas repite nos sobranceiros, desta volta protagonista nun dos goles da xornada

No grupo sur, Marcos Fradejas volveu ser protagonista no Quiroga ao inaugurar o marcador cun gran lanzamento de falta. Non se quedou atrás a xogada combinativa ca que Lillo empataba o encontro para o Río Sil. Ao final 2-2. O Sober colleitou a súa primeira vitoria ao vencer por 1-2 ao Paradela con dous goles de Martín. No outro choque, o Relámpago Taboada estreouse cun triunfo por 2-1 ante o Incio, no que Yoni marcou un bo gol para abrir o marcador despois dunha boa xornada colectiva.



 

Os sobranceiros da Terceira Galicia na segunda xornada

Qué ver esta fin de semana? (23-24

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *