#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Os onces da undécima xornada na Segunda

Guitiriz e Chantada B manteñen, unha semana máis, o seu posto de líder na clasificación da Segunda Galicia. No norte, o conxunto guitiricense e o Cabreiros collen una lixeira ventaxa cos seus perseguidores e, no sur, o filial chantadino fai o mesmo con respecto ao segundo clasificado do seu grupo.

No grupo norte, o Guitiriz mantén a súa imbatibilidade esta temporada e sumou o oitavo triunfo do curso ao derrotar con claridade ao Matela. Cas mesmas vitorias, pero con dous puntos menos, séguelle o Cabreiros que leva catro encontros gañados consecutivamente logo de vencer a domicilio ao Meira, nun dos encontros da xornada que serviu de homenaxe ao falecido Xosé da Flor, ex xogador do equipo meirego e moi coñecido na comarca. Na vindeira xornada, Guitiriz e Cabreiros enfrontaranse entre eles. Cortou a súa xeira de vitorias o Lourenzá ao empatar sen goles nun dos choques da xornada ante o Burela. Tampouco se levou a vitoria o Pol que empatou na súa visita a Candelaria. Quen se mantén na parte alta é o Cospeito que venceu pola mínima o Iberia e tamén o Folgueiro que derrotou ao Mondoñedo. Foi unha fin de semana na que reinou o empate, coas igualadas tamén do Roupar diante do Ourol e do Alfoz diante do Abadín.

No grupo sur, o Chantada B aumenta a tres puntos a súa vantaxe co segundo, despois de sumar o seu quinto partido imbatido ao gañar con claridade ante o Palas. Pola súa banda, o Oural empatou na casa ante o Antas e viu como o Friol que venceu a Milagrosa, e o Santa Comba que derrotou a SD Becerreá; lle recortaban puntos. No derbi da capital lucense entre o Sporting Lucense e o San Lázaro o gol non fixo acto de presenza. Si en Monterroso, onde o seu filial segue medrando e venceu ao Rubián. Onde aínda non se coñece o resultado final é en Portomarín, o encontro foi suspendido cando faltaban algo máis de vinte minutos por lesión do árbitro. Cando chegou outro colexiado a falta de luz impediu continuar un enfrontamento no que ía gañado o Chantada Atlético por 3-4. O Brollón sumou a súa segunda vitoria a domicilio consecutiva logo de derrotar sen problemas a un Castroverde que o está lastrando a ausencia de xogadores.



Os onces da undécima xornada na Segunda

O novembro veterán en imaxes

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *