Os Máxicos dan o 100% nunha tarde de vento

Salvatierra Abogados trae unha semana máis os Máxicos máis destacados da Primeira Futgal, logo dunha xornada de domingo con moita emoción e igualdade.

O San Lázaro cae na recta final co filial do Racing Villalbés (0-2). O bloque baixo dos locais impediu ocasións claras por parte dos chairegos, pero a medida que os Máxicos de Iván Lamas se adaptaron ao contexto chegaron os goles, ambos na segunda parte e de falta directa: Denís anotou a primeira e Álex foi o protagonista da segunda antes da oportunidade máis clara do San Lázaro, xa no tempo engadido.

O Foz derrota na casa ao Outeiro de Rei (1-0). Partido trabado no Martínez Otero no que cada conxunto gozou dunha oportunidade clara antes do tempo de lecer: o Foz agardaba para salir en transición e o Outeiro dominaba a posesión. Un córner botado no segundo tempo e rematado por Anxo supuxo o único gol do partido e deixou os tres puntos no feudo mariñán.

Anxo, a piques de rematar na acción do 1-0.

A SD Chantada vence pola mínima a un Pastoricense que segue mellorando (1-0). A tónica habitual do Sangoñedo resistiuselle a unha SD Chantada que fixo dano con ataques máis verticais, e froito dun deles chegou o único gol do choque na primeira metade. O Pastoricense, porén, conseguiu recuperarlle a cara ao partido e xerou moito perigo, especialmente a balón parado, diante dun cadro local que puido sentenciar con transicións na segunda metade, pero o marcador non se moveu máis, 1-0.



O Monterroso e o Guntín asinan táboas nun choque vibrante (2-2). O gol e o dominio iniciais dos Máxicos visitantes foi neutralizado nos últimos intres do primeiro tempo, nos que Gabi e Antas deron a volta ao electrónico. Porén, o Guntín recuperou a intensidade na segunda metade e acadou o empate por medio de Michi nun duelo no que o aire foi protagonista.

Os máxicos dA Milagrosa encaixaron 7 goles nos últimos dous choques en frigsa

O Lourenzá asalta A Lomba (1-4). Aínda que os Máxicos locais foron mellores no comezo, cun gol de Marcos nunha falta, o Lourenzá aproveitou dúas accións a balón parado —a primeira logo de sacar rápido e poñer un centro lateral—para dar a volta ao electrónico antes do tempo de lecer. Na segunda parte, os axustes visitantes permitiron ao «Atleti» ampliar a renda diante dun Meira que non se rendiu en ningún momento.

O Taboada e a Residencia deixan todo o espectáculo para o segundo tempo (2-2). Logo dunha primeira metade na que as ocasións máis claras foron para os visitantes, Chiqui puxo o 0-1 xa tras a reanudación. Porén, o gol espoleou a un Taboada que procurou o empate e o atopou nas botas de Diego. O empate abriu moito un duelo que se resolvería cun novo tanto visitante (Yago) e a reacción local na recta final (Diego, de novo) para repartir os puntos no «Canti».



Tolemia absoluta entre Xove e Chantada Atlético (4-4). A desorde e os ataques foron os protagonistas nunha tarde na que calquera dos dous equipos puideron levar os tres puntos. O resultado ao descanso era de 2-1, mentres que na segunda metade o Chantada Atlético reaccionou e sacou un punto nun mal partido para os adestradores, pero nun auténtico espectáculo para os que se achegaron ao Municipal.

O Castro e o Burela igualan sen goles no Arturo Pereiro (0-0). Os Máxicos da zona alta medían forzas nun duelo vibrante, pero o vento decidiu ser o gran protagonista da tarde. Logo dunha primeira parte sen chegadas destacables, o Burela tivo as máis claras no segundo tempo e errou dous mans a mans, pero a boa actuación de Josema permitiu que os puntos se repartisen no Arturo Pereiro.

O Oural e o Santaballés asinan táboas nun choque moi igualado (1-1). Na primeira metade foron mellores os Máxicos chairegos, que anotaron o gol cando o Oural comezaba a collerlle o pulso ao choque. Un cadro local negado de cara ao gol acadou o meritorio empate na recta final da segunda parte, diante dun Santaballés que protestou unha pena máxima antes do tanto local e tamén reclamou falta na xogada do 1-1.

A Milagrosa non da o nivel na casa (1-4). Aínda que os Máxicos lucenses foron superiores ao Caldelas e anotaron o primeiro gol no primeiro tempo, un erro defensivo supuxo o 1-1 antes do descanso. O golpe anímico perxudicou ao cadro de Frigsa, que viu como os visitantes anotaban tres goles máis na segunda metade e levaban os tres puntos lonxe do feudo capitalino.

máxicos



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *