#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Os Máxicos da 9ª xornada

Salvatierra Abogados trae unha edición máis dos Máxicos, con partidos que se disputaron de venres a domingo na ponte de Todos os Santos!

A Residencia da un golpe sobre a mesa ao vencer á SD Chantada (2-1). Logo dun primeiro tempo marcado pola igualdade onde tan só Pereira e Damán inquedaron as metas rivais, o propio Pereira aproveitou un erro defensivo visitante para adiantar aos seus no 52′. Edrosa rematou unha gran acción combinativa pouco despois para poñer o 2-0, pero a SD Chantada volcouse ao ataque e recurtou diferenzas por medio de Xende. Co 2-1, a Resi puido sentenciar en transicións, mentres que os chantadinos buscaron con insistencia un empate que non chegou.

O Pastoricense vence no duelo de urxencias diante do Outeiro de Rei (1-0). Partido moi igualado no Acebreiro entre dous conxuntos que precisaban sumar. As ocasións brillaron pola súa ausencia e ambos cadros procuraron minimizar os erros defensivos para sacar algo positivo do feudo pastoricense. Finalmente, os brancos conseguiron anotar nunha falta lateral cando restaban 15 minutos e mantiveron a porta a cero para acadar a primeira victoria da temporada,

O Guntín cae diante dun San Lázaro en forma (1-2). Un erro dos locais puxo por diante ao San Lázaro na recta inicial, pero o bo xogo dos Máxicos laranxas permitiulles lograr a igualada antes do descanso. Na segunda metade, pese a que o Guntín levou a iniciativa do xogo e gozou de numerosas ocasións, o San Lázaro soubo agardar o seu momento e anotou o 1-2. Tras o segundo tanto visitante, o partido tornouse máis trabado e non houbo máis goles.



O Lourenzá e o Foz asinan táboas no derbi (2-2). A primeira parte, pese a contar con numerosas ocasións para ambos lados, rematou sen goles. Porén, o segundo tempo arrincou cunha boa combinación de Dani Celeiro e Dani Chao para facer o 0-1. Os Máxicos locais non baixaron os brazos e anotaron a igualada nunha transición. Pouco despois, Yago puxo o 2-1 cun disparo cruzado e, aínda que o Lourenzá tratou de manter o resultado, Álvaro Moreda anotou unha pena máxima para poñer o 2-2 definitivo.

Houbo empate no derbi mariñán dos máxicos

O Monterroso rentabiliza as ocasións no feudo do Chantada Atlético (0-2). Gabi Cantillo rematou ben un balón parado para adiantar aos visitantes na recta final do primeiro tempo e, pese a que os Máxicos chantadinos buscaron con insistencia o empate ao longo da segunda metade, unha transición do Monterroso saldouse cunha pena máxima que anotou Lorenzo para levar tres puntos de ouro cara Cerdeiriños.

O Burela imponse ao Meira e segue líder (3-1). Un Meira repregado sufriu o dominio posicional dun Burela que estivo a gran nivel e conseguiu o 1-0 cun centro de Adri que a defensa visitante rexeitou cara a súa propia porta. No segundo tempo, os cambios deron aire fresco ao choque e unha transición valeulles aos Máxicos de Oke para poñer o 2-0 por medio de Diego Chao. O Meira deu entón un paso adiante e Farra recurtou diferenzas nun remate a un centro desde banda dereita, pero Jairo Campo sentenciou o partido co definitivo 3-1 na Marosa.



O Santaballés segue en boa liña diante do Taboada (2-0). Os Máxicos de ambos conxuntos amosáronse moi intensos e concentrados ao longo dos 90′. Novás anotou un penalti para adiantar aos seus á media hora de xogo e, no segundo tempo, o Taboada buscou as súas opcións con transicións para facer dano aos chairegos. Coa expulsión de Diego, os visitantes perderon forza e o Santaballés puido sentenciar co 2-0 definitivo cando restaban poucos minutos de xogo.

O Oural e o Xove Lago asinan unhas táboas que non satisfacen a ningún (1-1). Os sarriáns foron mellores no primeiro tempo e chegaron ao descanso cunha vantaxe de 1-0 que puido ser maior de ter maior efectividade. Porén, o cadro visitante deu un paso adiante na reanudación e lograron o empate na recta final nun duelo marcado pola alta intensidade de ambos conxuntos e no que o Oural errou unha pena máxima.

O Racing Villalbés e o Castro empatan na re-estrea do Estadio Roca (1-1). O Castro foi mellor no primeiro tempo, pois contou con numerosas ocasións e, de feito, anotou o 0-1 por medio de Álvaro, mentres que os Máxicos locais só contaron cun disparo ao pau de Aarón. Tras a reanudación, Álex anotou unha falta directa para poñer o 1-1 e, tras o empate, houbo opcións para ambos conxuntos. Porén, as defensas impuxéronse e o electrónico non se moveu máis no «novo» Roca.

A Milagrosa cae na súa visita a Santa Mariña (2-0). Duelo moi parello en Cotogrande, cunha Milagrosa que amosou un excelente dominio do xogo defensivo e que gozou das súas opcións para levar algo positivo do feudo do Santa Mariña. Porén, a insistencia local traduciuse no 1-0 na recta final e no 2-0, que chegou tras un penalti logo dun claro fóra de xogo. Ao término dos 90′, os Máxicos lucenses levaron menos premio do merecido en Vigo.

máxicos



Os Máxicos da 9ª xornada

O PM Friol e CD Lugo suman

1 comentario

  1. Luis
    08th Nov 2024 Reply

    en el partido de la milagrosa,cómo saben si el fuera de juego y posterior penal fue un error? Han enviado un periodista o se lo cuenta alguna persona de la milagrosa? vaya nivel qué tenéis…

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *