A Terceira Rexional vive a súa última xornada logo do parón do Entroido para a maioría dos equipos. O liderado da 1ª fase está decidido para o Castro B e o Lemos B en cadanseu grupo. Na última xornada só queda pendente definir algunhas posicións que provocarán que uns equipos pasen con máis ou menos puntos á 2ª fase. Todos partirán con opcións de ascenso porque as diferenzas son mínimas aínda que non gañaran ningún partido no primeiro tramo de competición.
Na zona norte, o Castro B ten tres puntos de vantaxe e o gol average a favor con respecto ao Catro Roldas. O seu último duelo foi decisivo para que a primeira posición caese do lado castrexo. Queda por decidir a 2ª posición para que o cadro de Román e a Comercial son candidatos. Non obstante, ambos xogarán no mesmo grupo na segunda parte da liga.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/03/CASTRO-B-EQUIPO.jpg)
O Rioaveso xa sabe que será cuarto logo de caer a pasada finde fronte á Comercial nun dos encontros que quedara pendente. O equipo vilalbés quedará encadrado na 2ª fase no grupo do líder, o Castro B.
Pola 5ª e a 6ª posición aínda pelexarán ata a última xornada o Friol B e o Cazás. Ambos xogaron a pasada fin de semana e a vitoria caeu do lado friolense que ten tres puntos de vantaxe pero non o gol average.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Pola 7ª e a 8ª praza tamén loitarán o Nausti e o Celeiro. Os dous tamén xogaron entre si na finde do Entroido e empataron a tres goles. Un posto ou outro implica xogar nun grupo ou noutro. O 8º encádrase no grupo do líder.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/03/Presentacion-FIL-31.jpg)
Na zona sur, o Lemos B é o claro dominador do grupo logo de vivir unha competición moi igualada ata o Nadal. O conxunto preparado por Perry só perdeu un partido e conseguiu once vitorias.
Para ocupar a 2ª praza aínda teñen opcións o Monterroso B (25 pts), o Sober (23 pts) e o Rubián (22 pts). Precisamente o filial monterrosino e o Rubián enfróntanse este domingo no Anexo de Cerdeiriños no que será un dos encontros máis interesantes desta finde.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Pola súa banda o Sober xogará fronte a un Castroverde (5º con 21 pts) que tamén ten opcións de escalar na clasificación. Tamén o Carballedo (6º) aínda tería opcións de chegar a terceira praza.
O que está seguro despois do último derbi é que o Taboada B será 7º e o Relámpago Taboada ocupa a 8ª praza. Hai que lembrar que estes equipos pasarán con cero puntos á 2ª fase, pero os primeiros de cada grupo pasarán con tres polo que a distancia é tan só dun partido.