#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O Ribadeo avanza a semifinais da Supercopa

O encontro de cuartos de final da Supercopa Galicia resultou do máis apaixoante, sobre todo tendo en conta a altura de pretemporada na que se atopan ámbolos dous equipos. Ribadeo e Atlético Arnoia ofreceron no Municipal de Outeiro de Rei un encontro igualado que puido caer para calquer lado, pero que se decidiu na tanda de penaltis.

Na primeira metade o conxunto ourensán deu mostras do seu bo nivel e foi superior ao Ribadeo. Malia todo, os mariñáns sobrepasada a media hora de xogo, foron quen de adiantarse no marcador. Nunha contra levada por Asier, o pase do focense rematouno Álex Meitín cun preciso disparo que se colou pola escadra de Borja. Non tardaron os de Juanjo Vilachá en igualar o marcador nun saque desde o curruncho que rematou ao fondo da portería Manu Blanco.

No intermedio Dani Moirón trocou de sistema e desfixo a liña de cinco defensas para pasar a xogar cun 4-2-3-1 co que os mariñáns se atoparon máis cómodos e contiveron os perigosos ataques por banda do Arnoia. Ámbolos dous conxuntos gozaron de ocasións para desnivelar a balanza e incluso o Ribadeo logrou anotar un tanto que foi anulado por fóra de xogo.

Co empate ao final dos noventa minutos, o encontro foi a unha tanda de penaltis na que o gardameta ribadense Carrera resultou decisivo ao deter dous lanzamentos.



As semifinais enfrontarán o vindeiro domingo día 3, en escesario aínda por determinar, ao Ribadeo co Portonovo, conxunto que gañou con autoridade en cuartos de final ao Xuvenil de Ponteareas.

O Ribadeo avanza a semifinais da Supercopa

Diario dun mercado. Episodio 393

O Ribadeo avanza a semifinais da Supercopa

A metade dos técnicos de Primeira debutan

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *