A temporada máis ilusionante do Racing Vilalbés nas últimas décadas xa ten calendario. A Federación Española de Fútbol realizou o sorteo dos cinco grupos de Segunda RFEF na súa sede de Las Rozas. A competición comeza no fin de semana do 2 e 3 de setembro.
O Racing Vilalbés fará o seu histórico debut na categoría no campo do Oviedo Vetusta, conxunto filial do Real Oviedo, que vén de realizar unha gran temporada.
Esta é a primeira xornada ao completo:
Arandina – Covadonga
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Marino de Luanco – SD Compostela
Rayo Cantabria – Ourense CF
Real Avilés Industrial – Fabril
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Oviedo Vetusta – Racing Vilalbés
Pontevedra – Gimnástica de Torrelavega
Coruxo – Real Valladolid Promesas
Guijuelo – Langreo
Zamora – Cayón
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
A Madalena vivirá o seu primeiro encontro en Segunda RFEF na segunda xornada, o 10 de setembro. Visitará o feudo racinguista o Real Avilés Industrial.
Para ver o primeiro derbi será preciso agardar ata a sétima xornada (15 de outubro), cando os de Simón Lamas visiten o Vero Boquete de San Lázaro para enfrontarse á SD Compostela. Dúas xornadas máis tarde, no fin de semana do 29 de outubro, o Racing Vilalbés medirase en Abegondo ao Fabril de Óscar Gilsanz, ex técnico racinguista.
A competición interrúmpese o 17 de diciembre para disfrutar do Nadal e reanúdase o 7 de xaneiro, xornada na remata a primeira volta. O Racing Vilalbés recibirá na Madalena ao Pontevedra de Yago Iglesias, un dos grandes candidatos ao ascenso. A temporada rematará o 5 de maio devolvendo o Racing a visita a Pasarón.
Aquí podedes ver o calendario completo: SEGUNDA FEDERACION – GRUPO 1 (V1)[58] (rfef.es).
O conxunto chairego xa comezou os adestramentos e disputará o vindeiro sábado en Xove ás 19 horas o primeiro encontro da pretemporada fronte ao Racing de Ferrol.
Foto de portada: Twitter Racing Villalbés.