#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O primeiro derbi da Preferente chegará na Xornada 4

O Ribadeo, a Residencia, a Sarriana, o Portomarín e o Lemos da Preferente Galicia xa teñen o seu plan de partidos para a temporada 2022/2023. A categoría, que albergará a 20 equipos no grupo Norte e outros tantos no Sur, comezará a finde do 11 de setembro. A liga regular está previsto que remate o 28 de maio.

A primeira xornada deixará o debut do Portomarín na categoría no seu propio campo. O Chao da Poza acollerá o duelo ante o Dubra. Tamén xogarán como locais o Ribadeo e a Residencia. Os de Dani Moirón veranse as caras co As Pontes, nun novo regreso de Rafa Casanova ao Pepe Barrera. No entanto, un dos favoritos ao ascenso, o Noia, visitará A Cheda na data inaugural. A Sarriana estrearase no feudo do Unión e o Lemos en Fisterra.

O primeiro derbi provincial chegará na cuarta xornada, co duelo de proximidade entre a Sarriana e o Portomarín na Ribela. Unha semana máis tarde, os de Edu Rodríguez viaxarán ao Pepe Barrera para medirse ao Ribadeo.

E como sempre, hai que ollar á última xornada, onde se pode vender moito peixe. Nesta derradeira data tamén teremos derbi provincial no Pepe Barrera. O Lemos de Josito viaxará á vila do Eo. Residencia e Portomarín xogarán na casa ante O Pino e As Pontes, respectivamente. E a Sarriana visitará o feudo doutro dos favoritos, o Galicia Mugardos.



A fase regular constará de 38 xornadas nas que se os dous primeiros clasificados ascenden directamente á 3ª RFEF. Os catro últimos da táboa descenderán a Primeira Galicia unidos a todos os posibles arrastres que se poidan dar. A continuación deixamos algunhas claves en relación as datas:

  • Si haberá xornada o 8 de decembro (festivo da Inmaculada Concepción, coincide en xoves)
  • A liga deteríase o domingo 18 de decembro (día da final do Mundial) e volvería tres semanas despois, na finde do 8 de xaneiro.
  • A primeira volta rematará o 22 de xaneiro.
  • A competición xa non volvería parar ata o final de liga. Non habería parón en Semana Santa. De feito, nesa semana haberá dobre xornada ao existir unha data en Xoves Santo.

Pódese consultar o calendario ao completo neste documento da Real Federación Galega de Fútbol: Pulsa aquí.



O primeiro derbi da Preferente chegará na Xornada 4

Diario dun mercado. Episodio 314

O primeiro derbi da Preferente chegará na Xornada 4

A Primeira non parará en Semana Santa

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *