#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Sofán: unha final anticipada na Ribela

A segunda xornada da fase de ascenso no grupo norte de Preferente convertiuse nunha auténtica final para a Sarriana. A Ribela será testigo, o domingo ás 18:30 horas,  do enfrontamento entre dous dos primeiros clasificados na primeira fase, o cadro local e un Sofán que tamén pon enriba da mesa as súas opcións de ascenso. O encontro será arbitrado polo ferrolán Barrera Lourido.

A derrota na xornada inaugural diante do Atlético Coruña Montañeros supuxo un duro revés para a Sarriana. Despois dunha case que inmaculada primeira fase na que o conxunto adestrado por Charly dominou con suficiencia o grupo lucense, os sarriaos chegan a esta segunda xornada coa obriga de acadar os tres puntos para engancharse á cabeza da clasificación e afrontar con opcións reais de ascenso dúas xornadas de infarto diante de rivais da entidade de Boiro e Noia.



Unha das bazas da escadra lucense é o seu gran potencial ofensivo. Na primeira fase foi quen de anotar 26 goles en dez encontros, tendo en Gerardo e Omar as principais referencias, sen esquecer a gran aportación goleadora de xogadores de banda como Borja Castro ou Javicho.

Non o terá doado a Sarriana. O Sofán chega á Ribela nunha situación moi semellante á do conxunto local. A derrota da primeira xornada no Carral diante do Noia complicou a situación do cadro carballés, que ao igual que o lucense, dominou o seu grupo de principio a fin. O conxunto adestrado por Alberto Rodríguez amosouse moi forte a domicilio na primeira fase na que estivo invicto ata a última xornada, á que chegou cos deberes feitos.

O último enfrontamento entre Sarriana e Sofán na Ribela tivo lugar o 2 de febreiro de 2020 e rematou con empate a dous tantos. Omar e Jacobo marcaron para o conxunto local e Raúl, en dúas ocasións, igualou o encontro.



Falamos do encontro con Omar, un dos goleadores da Sarriana.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

OMAR (SD SARRIANA)



– Unha final. «O encontro diante do Sofán afrontámolo como o que en verdade é: unha final. Se queremos ascender, as nosas opcións parten por gañar este encontro na Ribela. Non cabe outra posibilidade».

– O rival. «Agardamos un partido moi difícil cun rival que tamén se xoga todo, xa que chega logo de encaixar unha derrota na primeira xornada. Agardemos que o factor campo nos axude, xa que, xogar na casa diante da túa afección supón un plus para nós».

– Unha competición moi curta. «Sempre tes que ter en conta o factor sorte e logo intentar cometer o menor número de posibles. Nós xa patinamos unha vez, polo que non podemos permitirnos a segunda, xa que, se caemos de novo complicaríase moitísimo todo».

 

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Sofán: unha final anticipada na Ribela

Pedro Delgado estréase como goleador esta temporada

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Sofán: unha final anticipada na Ribela

O anecdotario: «O dedo tolo», por Alberto

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *