A Segunda Autonómica chega á penúltima xornada da primeira fase con moito por decidir. Así ocorre no subgrupo 1A, onde os dous equipos barreirenses poñen en xogo as súas opcións de xogar a fase de ascenso no «derbi das praias«. Será o sábado ás 16:30 horas nas Valgas cando Iberia e Celta Barreiros disputen tres puntos vitais para as súas aspiracións. Arbitrará Jorge Michelena Grandío.
Presúmese ambiente de gala no feudo do Iberia. O conxunto local movilizou a súa afección para que non falle nunha cita importante, ademáis diante do seu gran rival. A boa campaña do cadro dirixido por José Manuel presaxiaba un final de primeira fase cos deberes feitos, pero as derrotas diante de Roupar e San Ciprián unidas á gran racha do Candelaria, con tan só un encontro perdido dos últimos sete fixo que o Iberia afronte esta xornada en posto de promoción de permanencia a dous puntos do equipo de Rúa.
Unha vitoria dos locales mantería a pelexa ata a derradeira xornada, mentres que unha derrota tan só deixaría vivo ao Iberia no caso de que o Candelaria perda o seu encontro. Balbón, que tivo que pasar polo quirófano, será baixa no Iberia.
O Celta Barreiros chega ao «derbi das praias» coa clasificación encarrilada para a fase de ascenso. Un punto na casa do seu eterno rival bastaríalle aos de Carlos Devesa para pelexar por xogar o vindeiro ano en Primeira Autonómica. O espectacular comezo ligueiro do cadro celeste con cinco triunfos consecutivos deulles unha considerable vantaxe sobre os seus rivais para cando os resultados non acompañaran. Malia a súa posición privilexiada, o Celta Barreiros non sairá a especular nas Valgas e buscará resarcirse da derrota do encontro de ida no Cascabeiro. Álvaro mancado e Dani Chin sancionado, non serán da partida no derbi.


O último enfrontamento entre Iberia e Celta Barreiros nas Valgas tivo lugar o 12 de xaneiro de 2020 cun ambiente espectacular nas gradas e rematou con triunfo visitante por un tanto a dous. Jorge e Dani Chin adiantaron ao Celta Barreiros e Marcos recurtou diferencias para o Iberia.
que opinan os protagonistas?
MARCOS (IBERIA)

O momento do Iberia. «Chegamos ao derbi nunha mala racha de resultados que intentaremos rachar contra o Celta Barreiros. É fundamental para manter as nosas opcións de meternos no grupo de arriba».

O derbi. «Será un partido moi disputado, como calquer encontro destas características. Debemos aproveitar as ocasións que seguramente imos ter e pelexar por manter a cero a nosa portería. Xogamos ante un rival que conta con un bo grupo de xogadores, non conta con individualidades que destaquen sobre os demáis».
O ambiente. «Agardamos ver as gradas de As Valgas cheas de xente, e que a nosa afección nos apoie como sempre fai. Ogallá se vexa o ambiente do derbi previo ao parón por mor da pandemia».
XIAN (CELTA BARREIROS)

Situación de privilexio. «Creo que chegamos nunha boa dinámica ao partido. Vimos de gañar en Mondoñedo, e pese a perder puntos co San Ciprián e o Roupar creo que foron partidos nos que merecemos máis. A verdade é que a zona de arriba está moi apretada, pero era algo que se podía agardar. É unha liga de poucos encontros onde calquer rival pode gañar, polo que si tes unha mala racha deseguida te alcanzan na clasificación».
O Iberia. «Agardo un partido con moita tensión, futbolisticamente falando. Os dous equipos poñemos moito en xogo e ninguén vai querer regalar nada. Si a esto lle sumas que é un derbi as emocións multiplícanse. Neste caso tócanos xogar fóra da casa e temos que saber xogar coa presión da grada. O Iberia ten un dos mellores equipos da categoría, xa se demostrou no encontro de ida onde nos gañaron sen discusión, e pola súa parte agardo un partido similar. Temos que dar un paso máis física e mentalmente se queremos gañar».
Mentalidade gañadora. «O pensamento do vestiario é gañar tódolos partidos e aspirar a quedar primeiros. Non contemplamos xogar a empatar co Iberia nin, no caso de que cheguemos cos deberes feitos á última xornada, ir de paseo a Cabreiros. Queremos gañar sempre e con esa idea afrontamos o final de liga».

a axenda
TERCEIRA DIVISIÓN
- Polvorín – Barco (Domingo ás 12 horas no Municipal de Pol): o filial albivermello, líder de Terceira, recibe a un serio candidato a meterse na pelexa polo ascenso. Un triunfo dos de Álex Ortiz serviríalles para consolidarse na primeira praza.
- Racing Vilalbés – Arzúa (Domingo ás 16:30 horas na Madalena): logo do triunfo diante do Fabril na xornada aprazada disputada o mércores, os de Simón Lamas buscarán tres novos puntos que os consoliden na zona de play off. O Arzúa chega logo de perder os seus últimos tres encontros.
- Viveiro – Alondras (Domingo ás 17 horas en Cantarrana): logo do bo punto colleitado en Calabagueiros, os mariñáns precisan voltar a facer de Cantarrana un fortín. O rival non llo porá doado, un Alondras que precisa fuxir dunha zona de perigo á que non está acostumado.
PREFERENTE
- Lemos – Foz (Domingo ás 16:30 horas na Pinguela): encontro a priori de claro pronóstico local, pero nun derbi non hai nada escrito. Os de Gayol xogarán as súas cartas para complicarlle o encontro a un Lemos asentado na zona alta.
- Ribadeo – Escairón (Domingo ás 16:30 horas no Pepe Barrera): os de Dani Moirón atópanse nun bo momento de xogo e resultados, ao que tentarán darlle continuidade na procura de saír da zona de permanencia. Enfronte un Escairón que experimentou unha melloría no seu xogo.
- Sarriana – Santaballés (Domingo ás 17 horas na Ribela): o líder volve ao seu feudo, no que ata o momento se amosou intratable. Os de Juan Rodríguez tentarán ser os primeiros en sacar algo positivo do campo sarriao.
- Residencia – Montañeros (Domingo ás 17 horas na Cheda): logo da goleada colleitada no campo do San Tirso, os de Dani Galán tentarán sorprender ao segundo clasificado e seguir sumando puntos na procura da permanencia.
PRIMEIRA AUTONÓMICA
- San Lázaro – Taboada (Domingo ás 16 horas no Rodríguez Lago 1): última carta para evitar a promoción de permanencia para os de Diego Rey. Unha vitoria diante do Taboada mantería ao cadro lucense con vida. Os de Manu Rodríguez buscarán os tres puntos que os manteñan entre os catro primeiros.
- Pol – Burela (Domingo ás 17:15 horas no Municipal de Pol): a irregular traxectoria do Pol a proba diante dun conxunto que non coñece a derrota en 2022. Os de Luchi buscarán dar a sorpresa no campo do gran favorito ao ascenso e seguir así na pelexa polo cuarto posto.
SEGUNDA AUTONÓMICA
- Guitiriz – Fonsagrada (Sábado ás 16:15 horas no Suso Cruz): encontro adiado que pon ao día o subgrupo 1B. Última bala para a Fonsagrada, que buscará un triunfo que o deixe con opcións de entrar na fase de ascenso ata a última xornada. A presenza nela do Guitiriz será matemática se acada os tres puntos.
- Paradela – Sporting Lucense (Sábado ás 16:15 horas no Gandarón):
TERCEIRA AUTONÓMICA
- Castro B – Catro Roldas (Sábado ás 16:30 horas no Anexo ao Arturo Pereiro): primeiro contra segundo empatados a puntos. O que acade a vitoria rematará a primeira fase no liderato.
- Lemos B – Monterroso B (Sábado ás 18 horas no Luis Bodegas): outro duelo entre os dous primeiros da clasificación. O cadro monfortino, con sete triunfos consecutivos, recibe ao filial monterrosino que foi quen de gañar os últimos cinco encontros.