O Friol CD Lugo estreouse nun encontro de liga no Anxo Carro con empate ante o Racing de Santander. No minuto 90, Fanny Varela empatou un encontro que se lle puxo costa arriba as locais. E iso que comezaron gañando cun bo gol da centrocampista Marta López, pero o Racing marcou antes do descanso e a volta do tempo de lecer para remontar momentaneamente o duelo. O resultado mantén ao Friol nos postos de ascenso á 1ªB e consegue o gol average a favor cun rival directo. Futbolinlugo estivo no Anxo Carro e aquí deixamos algunhas das imaxes do encontro.
- Club Peluquería Mixta Friol é o nome de fundación do club xa cando aínda só tiña a sección de fútbol sala
- A central pontevedresa Andrea Mirón foi unha das incorporacións de verán
- A temporada 2018/19 o PM Friol vestiu a camisola do CD Lugo debido a un convenio entre os clubs
- O gol de Fanny chegou no minuto 90 de encontro
- Ademais do empate, o gol supuxo o average a favor para o Friol xa que venceu na 1ª volta (1-2)
- Covi (capitá e adestradora do filial), Natalia Llanes, Geral, Lucía Ramos e Aroa Naya formaron o banco de suplentes
- A xogadora de Outeiro, Fanny Varela exerce de segunda capitá do equipo
- Geral foi o primeiro troco do Friol; saíu no canto de Mayra
- Marta disparou cun gran golpeo o que a porteira visitante non foi quen de chegar
- Foi o primeiro encontro en partido de Liga que o Friol xogou no Anxo Carro. Anteriormente xa disputara finais da Copa Depuación
- Trío arbitral encabezado polo colexiado sarriano, Jesús López, colexiado de 3ª División
- Josito Jul (ex xogador do CD Lugo) é o adestrador esta temporada do Friol
- O Friol xogou a segunda metade co tempo xogando en contra e co esforzo físico acumulado
- Ademais do gol, Marta foi unha das mellores xogadoras do partido; principalmente na 1ª metade
- Mayra Olvera chegou ao Friol en outono procedente do fútbol ecuatoriano. Xogou o Mundial de Canadá 2015 coa selección de Ecuador
- A próxima xornada (antepenúltima) o Friol recibirá na Reigosa ao Valladares (domingo 31 ás 17h)
- Quirgoa é o segundo adestrador do cadro friolés. A dianteira Jone Bilbao tamén chegou esta tempada procedente do Dépor
- O Friol mantense 3º e sácalle dous puntos ao Racing (5º)
- O Racing de Santander é un dos equipos candidatos a chegar a vindeira temporada a nova 1ªB
- Restan 10 xornadas na 2ª División. 30 puntos en xogo para conseguir o obxectivo do ascenso á 1ªB