#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido da xornada… SD Sarriana-CD Foz: derbi para recuperarse

A Sarriana e o Foz mídense este domingo ás 16:30 na Ribela no que será o primeiro derbi lucense da segunda volta na Preferente Norte. A el, os equipos chegan en situacións e con ambicións distintas, pero ambos veñen dunha xeira de resultados negativa que tratan de cortar cunha victoria.

A Sarriana necesita gañar para non despegarse da zona alta da táboa que, a priori, era o obxectivo dos de Sarria ao comezo da campaña. O Foz, porén, buscará gañar para irse afastando pouco a pouco da zona baixa na que os de Jesús Gayol se atopan con 19 xornadas disputadas.

Na ida, que se disputou no mes de agosto, o resultado final foi de 1-1. Ambos conxuntos mostráronse solidos e non concederon demasiadas ocasións ao seu rival, algo que tratarán de repetir este domingo para sacar algo positivo da Ribela. Quizais se poda calificar o derbi como o «derbi do rexurdimento», xa que aquel clube que saque os tres puntos recibirá unha bolsa de osíxeno á que aferrarse para afrontar o resto da temporada e porá fin a unha mala racha que todos queren olvidar o antes posible.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?



SAMUEL QUINTELA (SD SARRIANA)

– A calidade do rival. «O Foz ten un grandísimo equipo, desde a portería até a punta do ataque. Contan, entre outros, cun gran porteiro e teñen xogadores diferenciais como Gonzalo ou Asier cunha calidade increíble.»

– A clasificación pode engañar. «Pese a sermos favoritos se atendemos á clasificación, nesta liga calquera equipo pode darche un susto como se está vendo nos últimos partidos, nos que estamos a despregar un fútbol moi bon pero non acaban de chegar os resultados. O derbi vaise decidir a favor do equipo que cometa menos errores. Ademáis, o fútbol son rachas. Agora mesmo quizais necesiten máis os puntos eles, pero son un equipo moi unido e moi competidor, polo que seguro que acaban saíndo de aí. Nós sabemos que necesitamos os tres puntos para non descolgarnos, pero chegaremos á Ribela pensando tan só en gañar o partido.»



– Obxectivos do ano. «Pese a que temos un moi bon equipo, non penso que realmente estabamos tan obrigados a ascender como moita xente pensa. Aínda que temos moi bos xogadores todos os rivais son moi difíciles. Nós imos tratar de quedar o máis arriba posible, e se se pode alcanzar o ascenso o disfrutaremos ao máximo.

ANDRÉS BUSTELO (CD FOZ)

– O rival. «A Sarriana é un equipo moi incómodo e rocoso ao que lle gusta levar o peso do partido, ademáis de ser moi fiable na casa. Igual que nós, necesitan os puntos, aínda que no seu caso para non descolgarse da zona alta, así que se agarda un derbi bonito.»

– A chave do partido. «Nós temos que traballar en equipo e non conceder ocasións, polo que temos que minimizar as virtudes dos rivais e traballar como bloque para estar máis solidos a nivel defensivo e aproveitar as ocasións que teñamos.»

– A importancia dos tres puntos«Temos que sumar de tres en tres dende xa. Non hai mellor forma de mellorar a confianza que conseguindo os tres puntos neste partido para afrontar a segunda volta con outra perspectiva.»

 

Un mal comezo de segunda volta e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *