#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O partido da xornada . . . Polvorín – Racing Vilalbés: o derbi lucense da Terceira

Contamos con poucas ocasións de disfrutar dun derbi provincial en Terceira División. De feito, na última campaña non existiu esa posibilidade. O efímero paso de Ribadeo e Castro pola categoría brindáronnos esa opción alguna temporada, pero este ano chega un inédito. Domingo ás 12:15 no campo da Cheda, o Polvorín, que se estrea este ano na categoría recibe ao xa veterano Racing Vilalbés.

José Durán, adestrador dun Polvorín que está a dar unha mellor imaxe do que reflexan os resultados

Ámbolos conxuntos chegan a este encontro de rivalidade con apuros clasificatorios. Soamente separados por un punto, o Polvorín é colista mentras que o Racing ocupa o antepenúltimo posto, situación que fixo que Xoan Peón deixase o seu sitio no banco a un home da casa como Simón Lamas.

O filial lucense non remata de collerlle o pulso á categoría se nos atemos aos resultados. A nivel de xogo, o cadro adestrado por José Durán está a amosar unha boa imaxe, de feito, vén de realizar un gran encontro na Laracha, pese a caer derrotada. O feito de xogar catro encontros como visitante, polas obras na Cheda, ante rivais da entidade de Compostela, Arousa, Racing de Ferrol e U.D. Ourense foi un obstáculo para que o debut en Terceira fose un pouco máis plácido. O triunfo épico ante o Arenteiro, unido ao bo xogo realizado polo equipo, deben ser a guía para saír dos postos de descenso.

López perderase o derbi por acumulación de cartóns

Pola súa banda, o Racing Vilalbés está a ser unha das decepcións deste comezo de temporada na Terceira. Logo de realizala mellor campaña da historia do clube, a saída de Óscar Gilsanz, unida a de pesos pesados do vestiario como Sergio Arias, Villares ou Antonio están a pesar na capital chairega.



A saída do adestrador Xoan Peón, provocada pola xeira de oito encontros sen gañar, propiciou a chegada de Simón Lamas, coordinador da canteira do clube, e ata esta semana adestrador da S.D. Santaballés, co cal estaba a realizar unha gran campaña en Primeira Autonómica. O técnico vilalbés debutará polo tanto no derbi e tentará reconducila situación dun equipo que vén de caer na Madalena ante outro rival directo como o Ourense C.F.

No Racing Vilalbés non poderán ser da partida José Varela, sancionado con dous encontros, así como Xusto que viu dúas amarelas no último partido e López que cumpre ciclo. No Polvorín, Durán non poderá contar co goleador Antón Escobar, que viu o quinto cartón diante do Laracha.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?



Luis Díaz xa debutou en Segunda División co C.D. Lugo

Luis Díaz (Polvorín)

Chega o derbi. «Logo de perder en Laracha a pasada semana chegamos con moitas ganas, ademáis xogamos na casa, polo que queremos acadalos tres puntos que nos permita saír da parte baixa da clasificación».

Boas sensacións. «Estamos a ofrecer unha moi boa imaxe, pero os resultados non nos están acompañando. Penalízanos moito cada erro individual que temos, polo que só temos que traballar para correxilo e minimizalos ao máximo».

O Racing. «Creo que coa chegada de Simón Lamas serán un equipo máis vertical que se pode asimilar un pouco máis á forma de xogar que tiñan con Gilsanz. Temos que ter en conta a rápidez de xogadores como Diego Rey ou Ballesteros, e o xogo no medio de Make. Buscarán cambiar a racha negativa de resultados».

A Terceira. «A diferencia máis importante respecto da Preferente é o ritmo de xogo, é moito máis rápido, e cada equipo ten tres ou catro xogadores que son diferenciais, con experiencia en categorías superiores que saben como controlalo partido».



David Vérez (Racing Vilalbés)

O derbi. «Afrontamos o partido con ilusión, queremos que as cousas comecen a saír ben. Ao ser un partido de proximidade sempre é importante facer un bo partido e coller sensacións».

O novo míster. » Ogallá nos axude a cambiala dinámica de resultados. Seguiremos traballando tódolos días como o estamos a facer e seguro que os triunfos rematan por chegar».

A diferencia respecto da última campaña. «A temporada pasada foi perfecta. A dinámica era moi boa, pero cada ano isto empeza de cero. Fóronse xogadores importantes, cambiou o adestrador e hai que adaptarse. Sempre que hai trocos deste calibre necesítase tempo e hai que ter paciencia».

O Polvorín. «Sabemos da dificultade do partido. Eles combinan moi ben e teñen un campo moi grande para facelo. Nós imos coas nosas armas, malia que temos baixas temos plantel e xuvenís que poden axudarnos a logralos tres puntos».

[themoneytizer id=»15360-4″]

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Preferente Norte

– C.D. Castro – Viveiro C.F. (Domingo ás 12 horas no Arturo Pereiro): non puideron inaguralo casilleiro de triunfos os de Brais Prados no campo do Estudiantil, e reciben a un Viveiro que chega tras golear ao Xallas nun gran encontro dos de Chusky.

Xaime regresa ao Arturo Pereiro como capitán do Viveiro

Ribadeo F.C. – Estudiantil (Domingo ás 17:30 horas no Pepe Barrera): tras sufrir a primeira derrota da temporada ante a Sarriana, a victoria antóllase obrigada ante o colista da categoría.

Primeira Autonómica

– Chantada At. – Sporting Pontenova (Domingo ás 16:30 horas no Municipal do Saviñao): os chantadinos, pechacancelas, reciben ao penúltimo clasificado, un Pontenova que vén de caer goleado na Mina ante a Residencia. Encontro de urxencias no que os puntos xa comezan a ser decisivos.

O Sporting Pontenova buscará tres puntos claves ante un rival directo

U.D. Xove Lago – Atlético Escairón (Domingo ás 16:30 horas no Municipal de Xove): en calquera quiniela se agardaba a estes dous conxuntos na zona alta. Os mariñáns soamente acadaron unha victoria no que vai de liga, mentras que os do Saviñao non comezaron mal, pero suman catro derrotas consecutivas.

Segunda Autonómica

– E.D. Lourenzá – Guitiriz S.D. (Domingo ás 16:15 horas en Santa Cruz): os locales, logo de tres triunfos consecutivos, porán a proba a súa recuperación ante o líder, que vén de ceder os primeiros puntos da temporada ante o Valadouro.

Jorge, un fixo no mediocampo do Lourenzá

C.F. Portomarín – S.D. Chantada B (Sábado ás 16:15 horas no Chao da Poza): os de Sergio Arias, logo de dúas derrotas consecutivas, buscarán voltar á senda do triunfo ante o sempre complicado filial chantadino.

 Terceira Autonómica

 – Celta Barreiros – Friol C.F. «B» (Sábado ás 16:15 horas no Cascabeiro): os de Fran Vázquez colleitaron a primeira derrota da temporada no campo do Catro Roldas e chegan a este encontro con ganas de recuperala senda do triunfo. Enfronte, os de Friol buscan engancharse á zona alta.

C.D. Sober – S.D. Rubián (Domingo ás 16:15 horas en Centeás): ámbolos conxuntos comezaron a liga con mal pé. Os soberinos buscarán facer de Centeás un fortín, mentras que os visitantes amósanse máis fiables a domicilio.

 Segunda División Nacional Feminina

  – P.M. Friol C.D. Lugo – Victoria C.F. (Domingo ás 16 horas na Reigosa): logo de colleitala primeira derrota da temporada na cancha do líder, as de Friol precisan un triunfo para seguir na zona alta.

Primeira División Galega Feminina

 – S.C.D. Milagrosa – C.P. Alertanavia (Domingo ás 17 horas no Luis Gorgoso): as lucenses precisan un triunfo pra escapar da zona de perigo, pero non o terán doado. As de Vigo veñen de golear ao Tordoia.

Segunda División Feminina

 – S.G. Comercial – S.D. Chantada (Domingo ás 17 horas no Rodríguez Lago 2): derbi provincial entre conxuntos con traxectorias semellantes no que vai de temporada. Ámbolos equipos chegan ao encontro logo de gañar a pasada semana, polo que as que leven o triunfo meteranse de cheo na zona morna da clasificación.

Carballedo C.F. – Portazgo S.D. (Domingo ás 12 horas no Catro Ventos): importante encontro para as rapazas de Iban Crespo. O rival só suma un punto máis, polo que unha victoria faríalles escalar na táboa clasificatoria.

Liga Feminina Fútbol-8

 – S.D. Burela – Sporting Cambre «B» (Sábado ás 17 horas no anexo á Marosa): logo da incomparecencia do rival na pasada xornada, as burelistas afrontan un encontro, que de gañar, faríalles encaramarse nos postos de privilexio.

O partido da xornada . . . Polvorín – Racing Vilalbés: o derbi lucense da Terceira

As nosas guerreiras da fin de semana

O partido da xornada . . . Polvorín – Racing Vilalbés: o derbi lucense da Terceira

A festa do fútbol lucense de Futbolinlugo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *