![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/09/javi-fraga-300x269.jpg)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/03/juanma-300x201.jpg)
ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .
Preferente Norte
– C.D. Foz – C.S.D. Arzúa (Domingo ás 17 horas no Martínez Otero): logo da derrota no derbi mariñán ante o Viveiro, os focenses buscarán redimirse ante un dos conxuntos máis fortes da categoría. As posibilidades dos de Gayol pasan por gañar solvencia defensiva.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/09/GAYOL-300x168.jpg)
Primeira Autonómica
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
– S.D. Residencia – Club Lemos (Domingo ás 12 horas no Polvorín): encontro entre candidadatos ao ascenso que non comezaron a liga do mesmo xeito. Mentras que os da capital están a amosarse irregulares, os monfortinos contan os seus encontros por victorias, sen apañar aínda ningún gol.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/09/edu-300x225.jpg)
– S.D. O Páramo – Taboada C.F. (Domingo ás 17 horas nas Rapadas): os de Fontal buscarán darlle continuidade á racha de dous partidos gañando. Reciben no seu feudo a un Taboada que aspira a situarse na zona noble da táboa.
Segunda Autonómica
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
– U.D. Folgueiro – S.D.C. Cabreiros (Sábado ás 18 horas en Boa Vista): os do Vicedo xa recuperaron sensacións logo de perder no Viñas da Veiga e Aurelio foi quen de acadar un póker de goles ante o Lourenzá polo que os pupilos de José Manuel, terceiros clasificados afrontan un complicado choque entre aspirantes ao ascenso.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/09/folgueiro-300x168.jpg)
– Palas C.D. – C.F. Portomarín (Sábado ás 18 horas nos Chacotes): o líder, co pichichi Hugo e co incombustible Sergio Arias á fronte, visitan ao tamén invicto Palas, que ven de acadar un valioso punto no Baliño ante o Ferreira.
Terceira Autonómica
– A.D. Catro Roldas – C.D. Alfoz (Sábado ás 17 horas na Canteira): coa intención de facerse fortes na casa logo de vencer na primeira xornada ao Cazás, os de Román recibén a un dos, a priori, favoritos pero que aínda non lograron puntuar. Unha vella gloria dos do Val do Ouro estréase no banco: Casal.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/09/DSC_0698-3-300x216.jpg)
– S.D. Rubián – S.D. Paradela (Domingo ás 18 horas no Poste): os de Bóveda buscarán estrealo seu casilleiro de puntos ante o líder, que chega logo de vecer en Centeás ante o Sober.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
Segunda División Feminina (Nacional)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/09/IMG_8889-min-237x300.jpg)
– P.M. Friol C.D. Lugo – Gijón Fútbol Femenino (Domingo ás 17 horas na Reigosa): as lucenses, terceiras clasificadas e invictas reciben a un conxunto asturiano que ocupa os postos baixos da clasificación.
Primeira División Galega Feminina
– S.C.D. Milagrosa – S.C.D. Pastoriza (Domingo ás 17 horas no Rodríguez Lago 2): non está a ser fácil o comezo ligueiro para as de Walter González, pero buscarán logralo primeiro triunfo da temporada ante o Pastoriza.
Segunda División Galega Feminina
– S.D. Chantada – Xuventude de Crendes (Sábado ás 20 horas na Raña): no exilio de Rodeiro, as chantadinas buscarán a victoria ante un conxunto que vén de golear a pasada xornada como local.
– P.M. Friol C.D. Lugo B – Silva S.D. (Domingo ás 19:15 horas na Reigosa): co obxectivo de acadalo liderato, o filial lucense afronta este choque ante o perigoso conxunto coruñés.