#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O Lemos e o Santaballés espertan do seu soño

O Lemos apagou o lume do ascenso no feudo dun dos grandes favoritos. Os de Edu Rodríguez foron goleados polo Noia nun encontro no que apenas xeraron perigo e só tiraron unha vez a porta. Dous goles case consecutivos preto do ecuador da primeira metade, sentenciaron aos monfortinos. Na reanudación, tiveron o hándicap engadido da expulsión de Varela. E así chegaron un par de tantos máis no tramo final.

Tampouco foi quen de gañar a Sarriana na Ribela. O empate sen goles ante o Sofán propicia que o encontro ante o Boiro da vindeira semana (tamén na casa) sexa unha auténtica final a vida ou morte para os sarriáns. O cadro lucense tivo as mellores ocasións nun encontro típico de fase: igualado, con pouco ritmo e continuas interrupcións. Keko e Diego Núñez dispuxeron das oportunidades máis claras pero a pelotiña non quixo entrar. E iso puido ser o detonante do adeus de Charly ao banco da Ribela. O club busca un novo impulso de cara ás dúas últimas xornadas da temporada.

E no triangular polo acceso á Copa do Rei, o Santaballés quedou sen opcións ás primeiras de cambio. O fútbol foi cruel cos de Dani Moirón. Os guerreiros da Liga adiantáronse por dúas veces no marcador, cos goles e Palomo e Julio Camba. E chegaron aos compases finales co encontro encarrilado. No entanto, dous tantos do Dubra nos minutos 86 e 87 destrozaron aos branquiazuis. Os chairegos serán xuíz e parte na última xornada. Iso si, sen opcións propias.

Resultados da xornada:



Noia-Lemos (4-0).

Sarriana-Sofán (0-0).

Santaballés-Dubra (2-3)



O Lemos e o Santaballés espertan do seu soño

O Polvorín cae co Somozas e di

O Lemos e o Santaballés espertan do seu soño

Diario dun mercado. Episodio 201

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *