Na pasada fin de semana os comezos dos partidos tiveron na súa maioría un nexo común. Ademais o PM Friol conseguiu unha vitoria moi especial.
O fútbol provincial en negro
Moitos clubs da provincia saíron a pasada fin de semana con mensaxes de repulsa á violencia machista. Varias das iniciativas son impulsadas polos distintos concellos baixo á campaña En Negro Contra As Violencias. Outras pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. Algún club como o San Lázaro mesmo cambiou as súas equipacións habituais. Unha acción que o cadro da Ponte xa realizou noutras ocasións. Imposible mencionar nesta sección a reivindicación de todos os equipos. Que non quede só nun día. Tamén dende o fútbol hai moito que dicir.
![]()
Ver esta publicación en Instagram
O PM Friol chega aos 400 partidos en competición oficial
Na temporada máis relevante do PM Friol a nivel de categoría, o equipo friolés chegou a cifra de 400 partidos oficiais. Fíxoo ademais cunha importante vitoria. Venceu ao Pozuelo de Alarcón cun gol de Jone Bilbao. Segundo triunfo consecutivo como visitante. O equipo preparado por Daniel Guerrero mantense na 12ª posición pero aumenta a súa diferenza cos postos de descenso. Seis puntos de diferenza con respecto ao conxunto que precisamente derrotou na finde.
O derbi pasa por Guitiriz
Semella que o #FútbolNaLama afecta a todos os equipos da provincia sen distinción. Algúns actúan obrigados despois das consecuencias; outras optan por previr un posible mal estado do seu campo de adestramento. Para tentar non gastar o seu campo de adestramento, o CD Lugo cambia ás veces de escenario. Unha visita que se produciu a semana pasada ao Suso Cruz de Guitiriz. Este mércores repítese. Alí prepárase o CD Lugo para o derbi deste domingo ante o Deportivo. O cadro herculino tamén pasará por Guitiriz (autoestrada imaxinamos) para acudir a súa cita do Anxo Carro.
???? | Rematamos o traballo de hoxe no Campo de Deportes Municipal Suso Cruz
Grazas ao Concello de Guitiriz por cedernos as instalacións ????????#ForzaLugo #Resistirei pic.twitter.com/wI33ZqyP1s
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) November 20, 2019