#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

O Fonsagrada, a SD Viveiro, o Sp. Lucense e a Mila marcan distancias antes do Nadal

A Terceira Rexional marcha de vacacións de Nadal. A competición regresará na segunda fin de semana do 2020 (11 e 12 de xaneiro). A falta dunha xornada para que remate a primeira volta, o Fonsagrada, a SD Viveiro, o Sporting Lucense e a Milagrosa marcan distancia nos postos de ascenso directo. O Lugo Unión e o Monterroso B descansaron esta xornada. Estes días é a quenda dos dezaseisavos da Copa Deputación. Antes repasamos a 10ª xornada no Tres en Raia.

Os goles de Silbán e Brais supuxeron o triunfo do Fonsagrada en Trasvias ante o Celeiro. O cadro adestrado por Nico continúa invicto e na cabeza do grupo norte. O conxunto local desaproveitou as súas oportunidades. O Fonsagrada e o seu gardamallas Jorge mantéñense como os menos batidos da categoría. Só dous goles encaixados. Marca distancias xunto coa SD Viveiro na zona de ascenso. O cadro viveirense venceu nunha Canteira enlamada ante o Catro Roldas. A distancia co terceiro posto é de cinco puntos. Non obstante, por detrás vén o Matela con dúas vitorias seguidas. A última ante o Friol B. Un rival directo que xa deixa por baixo na táboa clasificatoria.

O Catro Roldas e o Rioaveso completan os postos de promoción de ascenso. O equipo preparado por Veiga. Tamén sumou a segunda vitoria seguida ao superar ao Nuevo Nausti. Primeiro partido como titular de Sergio Veiga. Xunto con Jesús Naharro “Chechu” foron as últimas incorporacións do cadro vilalbés. Os dous proceden do Rábade de fútbol sala, no que seguen xogando. Empatado coa zona de promoción sitúase o Cazás. Tres vitorias nos últimos catro partidos. A última foi pola mínima no Catro Ventos coa Comercial. Resultou decisivo o gol de Marcos Gómez. O atacante pontés reencontrouse co gol no terceiro partido que xoga esta tempada despois da súa lesión.



Cinco vitorias seguidas. Oito en total en nove partidos xogados. É o cartel co que o Sporting Lucense se presenta ao parón de decembro. O conxunto adestrado por Lolo derrotou como local na última xornada ao Rubián. Non obstante, a Milagrosa non perde o ritmo. Mantense a dous puntos do líder. Sumou a sétima vitoria da tempada. Saíu vencedor da visita a Centeás ante o Sober. Joel Vasco anotou un dobrete. Xabi mantivo a súa portería a cero por quinto partido nesta tempada.

Na terceira posición mantense o Lemos B. Empatou no Castro Seoane ante o rival que ten por baixo na clasificación: o Antas. Partido completo dos dous equipos que rematou con empate a un gol. Gran gol de Costa para os seus. Xunto co Sober, completa os postos de promoción o Carballedo. O cadro adestrado por Txiki continúa no seu bo momento. Cuarta vitoria seguida. Despois dun mal inicio con cinco derrotas. Desta volta, venceu na Veiga do Olmo ante o Castroverde. Na zona baixa reencontrouse co triunfo o Relámpago Taboada. A segunda da tempada chegou nun encontro especial; no derbi ante o Taboada B. O Relámpago venceu con claridade o encontro ante un filial que non volveu ter un bo día.



Unha dosis de realidade, un cúmulo de

A Axenda: a Copa volve e a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *