#Sin categoría

Día de derbi na Medela

Na Primeira Futgal hai moitos partidos de rivalidade, pero un dos duelos máis destacados é o derbi que se vive entre Taboada e Monterroso. Cada temporada, centos de seareiros enchen as bancadas do «Canti» ou de Cerdeiriños para animar á súa vila, en oposición ao pobo veciño.

Compañeiros de traballo, amigos, clientes… danse cita sobre o verde para defender unhas cores polas que se desviven. O desenvolvemento do partido adoita ser intenso, con moita ambición e fame por parte de ambos conxuntos. Esta tarde (na Medela, ás 18.00) viviremos unha nova edición do derbi.

O Taboada está a amosar un mellor rendemento no derbi

Nos últimos anos, o cadro que agora dirixe Martín Murado está demostrando un mellor rendemento neste tipo de enfrontamentos. Desde a reanudación da competición tras o parón pola Covid-19, os branquiazuis suman 2 victorias (4-1, 2-0), por 1 do Monterroso (2-1) e 3 empates (0-0, 2-2 e 2-2), un balance algo mellor que o do cadro monterrosino.

derbi

O certo é que ningún dos dous cadros foi quen de impoñerse no feudo do rival nas últimas tres temporadas, un feito que tratará de reverter Fernandito esta tarde: «temos moitas ganas. Estamos traballando e competindo moi ben pero está a penalizarnos a nosa falta de acerto. Queremos ser protagonistas e iremos con esa idea contra un equipo moi ben reforzado. A ver se acadamos as victorias que nos dean a tranquilidade para seguir traballando».



Pola súa banda, Martín Murado pretende «facer bo o empate en Chantada. É un derbi moi especial e daremos todo para conseguir os tres puntos e manter o bo nivel que estamos amosando». Ademais, o seu dianteiro homónimo, «Martuno«, apunta que «estamos con moita confianza e non queremos perderlle o ritmo aos de arrib. Temos que facer bon o punto do Sangoñedo.».

Imaxe de Portada: Anxo Varela «Canti»



Día de derbi na Medela

Diario dun mercado. Episodio 457

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *