#Fútbol afeccionado #Feminino

O CD Lugo segue un ano máis na Terceira RFEF

O CD Lugo seguirá unha campaña máis na Terceira RFEF logo de colleitar o seu terceiro triunfo consecutivo ante o Umia. Nun sprint final non apto para cardíacos, as de Joaquín Blanco evitaron ser un dos dous peores 13º clasificados dos seis grupos da categoría. As albivermellas quedaron finalmente con 29 puntos por diante do Levante C do Grupo IV (26 puntos) e do Cardones de Las Palmas do Grupo VI (19 puntos).

Iria, autora do gol da permanencia, loita por un balón ante unha xogadora do Umia. ROBER CARREIRA

O encontro desta última xornada ante o Umia resultou moi parello, con constantes alternancias no dominio do balón. Ambos equipos repartiron as escasas oportunidades que se rexistraron antes do descanso (1-1).

O decorado mantívose no segundo acto. Se ben é certo, que co paso dos minutos, o equipo de Joaquín Blanco logrou un maior dominio da parcela ancha. Este feito propiciou que o CD Lugo chegase con máis perigo. Iria fixo o tan necesario gol da salvación e as albivermellas dispuxeron dalgunha oportunidade máis para sentenciar. Pero non hai permanencia traballada sen a súa dose de sufrimento!

O PM Friol pechou a tempada cunha vitoria a domicilio. O equipo de Ángel Buján e Geluco Villar remou a contracorrente para levar os tres puntos ante o Sporting B. O equipo xixonés adiantouse rápido ante un cadro perruqueiro desubicado. Co paso dos minutos, as da Reigosa melloraron as súas prestacións e igualaron a contenda antes do intermedio.



A remonta fíxose agardar ata o segundo acto, sobre a hora de xogo. Aí Bella atopou o camiño do gol para poñer un final feliz a outra campaña movida por Friol.

O PM Friol B non pasa do empate ante o Lóstrego B e descende na Primeira Galicia

O PM Friol B xa é equipo da Segunda Galicia despois de empatar na casa ante o filial do Lóstrego. Todo o que non fose un triunfo condenaba ás de Geluco Villar ao descenso co arrastre do Umia desde a Terceira RFEF.

O marcador non se moveu nunha disputada primeira metade. O Lóstrego B golpeou primeiro na segunda parte. Porén, o PM Friol B igualou ao momento cun tanto de Ngono. O cadro da Reigosa tentouno sen sorte ata o asubío final, deixando a última xornada ligueira nun indesexable trámite.



O Antas golea á milagrosa. o san roque, a un partido de ser equipo de play off de ascenso na segunda galicia

Triunfo cómodo dun Antas superior no derbi da Segunda Galicia. O equipo de Dani Abelairas aproveitou un par de saques desde o curruncho para poñer o 2-0 ante a Milagrosa moi pronto. A sentencia chegou antes do tempo lecer, cando Paula logrou o seu ‘dobrete’ ao culminar unha boa xogada colectiva.

Na reanudación foi Nuria a quen fixo o seu segundo gol. A emblemática xogadora do Antas rubricou o definitivo 4-0 tras un bo centro de Paula.

Sofía anotou un hat trick para o San Roque nesta xornada

O San Roque asinou un dos mellores partidos do curso ante o Cee. As de Quiroga eran máis que conscientes de que calquera revés podía deixalas sen play off de ascenso. Así que decidiron sacar a súa mellor versión, lideradas por unha excelsa Sofía Lage (autora de tres goles). As da Costa da Morte víronse superadas en todo momento. Apenas xeraron ocasións máis alá do seu gol, en posible fóra de xogo.

Agora, o San Roque (55 puntos) chega á última xornada dependendo de si mesmo para ser equipo de play off. Se gaña ao difícil Pastoriza a domicilio, o pase ás eliminatorias polo ascenso é automático. En caso, contrario tocará estar pendente dos resultados do Abellá (53 puntos) no feudo da Milagrosa; e do Carral (52 puntos), no do Brexo Lema. Hai que recordar que as verdibrancas teñen o golaverage perdido cos seus dous rivais.

O Chantada segue unha semana máis fóra de descenso a pesares de perder no feudo do Victoria FC C. As do Sangoñedo saltaron ao verde moi nerviosas ante un rival que filtrou balóns con facilidade ás costas da zaga vermella. Ao terceiro aviso foi a vencida e as santiaguesas puxeron o 1-0 no marcador.

Sobre a media de hora de xogo, o Chantada asentouse. Baixou en despistes defensivos e tivo algunha opción para empatar a balón parado. Porén, chegou un novo golpe de realidade nada máis voltar dos vestiarios. Unha nova falta de contundencia permitiu un rexeite, que o Victoria FC C transformou no segundo tanto da tarde. Despois do gol, o Chantada tentouno a arreóns sen sorte algunha. As compostelás só tiveron que conservar a vantaxe adquirida desde a súa solidez.

O Carballedo asalta o play off de ascenso a expensas do que faga hoxe o CD lugo b no derbi da terceira galicia

O Carballedo non quixo sorpresas ante o cabeiro. Superou ao Vista Alegre con moita comodidade nun partido menos complicado do que inicialmente parecía. Jenny fixo un póker para as de Sementa nun día de dominio absoluto e bastantes probas de cara ao futuro.

Jenny, dianteira do Carballedo, acumula 49 goles na presente tempada

As do Catro Ventos logran así tres puntos fundamentais na súa pelexa polo play off de ascenso a Segunda Galicia; no que agora entran a expensas do que faga o CD Lugo B no derbi adiado ante o San Lázaro.

O Monte Forte salvou un punto nun encontro tolo ante o Curtis. As de Cristian Penas baleiráronse nun duelo no que caían por 0-2 ao cuarto de hora e igualaron antes do tempo de lecer. Sara Mougán puxo por diante ás monfortinas ao transformar un penalti ao inicio da reanudación.

Aínda así, o Curtis non dera a súa última palabra e remontou con dous goles nos últimos vinte minutos (3-4). Cando todo semellaba decidido, apareceu Henar para rescatar un empate in extremis no derradeiro encontro do curso do Luis Bodegas.

A xornada completarase na noite deste mércores co Derbi das Gándaras entre CD Lugo B e San Lázaro (21.15 horas). O cal analizaremos no próximo #ConFdeFutbolista. A Comercial descansou nesta última data.

Resultados da xornada

máxicos acebreiro

CD Lugo 2-1 Umia

Sporting B 1-2 PM Friol

PM Friol B 1-1 Lóstrego B

San Roque 6-1 Cee

Antas 4-0 Milagrosa

Victoria FC C 2-0 Chantada

Monte Forte 4-4 Curtis

Vista Alegre 0-4 Carballedo

CD Lugo BSan Lázaro (mércores 15 de maio, 21.15 horas)

Descansa: Comercial

O CD Lugo segue un ano máis na Terceira RFEF

Máxicos Salvatierra Abogados. Xornada 33

O CD Lugo segue un ano máis na Terceira RFEF

A Resi e o Castro, danados na

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *