#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

O Castroverde ascende, no Sur todo por decidir

Chega o penúltimo Tres En Raia En Boas Mans da temporada regular. No grupo norte, o Castroverde gañou e é novo equipo de Segunda Futgal. Tamén quedaron decididos os conxuntos que xogarán o play off de ascenso. Cazás, Matela, Rioaveso e Abadín `pelexarán pola terceira praza de ascenso.

No grupo sur a emoción é máxima. Monterroso B e Sober, que igualaron sen goles nesta xornada, ocupan praza de ascenso directo, pero ámbolos dous precisan sumar para poder ascender. O filial xoga na casa contra o Bóveda, penúltimo clasificado, mentrres que o Sober xogará no campo dun Taboada B que se non puntúa pode quedar fóra do play off. Corgo e Sporting Lucense, terceiro e cuarto clasificado, tamén contan con opcións de poder ascender de xeito directo.

Podes consultar todas as opcións neste link: Catro equipos da Terceira Futgal sur para dous ascensos – Futbolinlugo.

GRUPO NORTE

O Castroverde acada o ascenso fronte a un Celeiro con nove (7-0). Encontro atípico e sen historia. A carga de partidos na última semana castigou a un Celeiro que só contaba con nove xogadores para a disputa do partido. Borja, de falta directa, abriu o marcador, Gelo e David, en dúas ocasións, deixaron o ascenso do conxunto local visto para sentencia na primeira media hora. Os goles foron caendo pouco a pouco ata que no minuto 73 o encontro deuse por finalizado ao lesionarse dous xogadores mariñáns.



O Abadín asegura a súa praza no play off tras superar ao Cazás (0-1). Partido trabado e cun ritmo moi lento. As ocasións escasearon na primeira metade. Só o local Álex contou cunha boa opción de gol ao estrelar un balón no pao. O Abadín buscou saír á contra, pero non foi quen de crear situacións de perigo. No segundo tempo o gardameta Víctor evitou o tanto do Cazás ao deter un bo lanzamento de Jose. Os de David Lorenzo melloraron co paso dos minutos. Ferre e Noé contaron con boas ocasións de gol, antes de que Tontxu lograra o tanto da vitoria visitante ao recoller un balón en longo de Cendán no que a zaga e o gardameta locais non tiveron entendemento.

Rioaveso e Matela empatan e xogaranse na última xornada a cuarta praza (1-1). Encontro parello no que o Rioaveso estivo ben a nivel defensivo e concedeu poucos espazos a un Matela que dominou o balón no primeiro tempo e que se adiantou de penalti aos vinte minutos de xogo. Torito non errou desde os once metros. No segundo tempo, o Rioaveso deu un paso adiante, aínda que evidenciou a súa dificultade para marcar, en boa medida grazas á boa labor do gardameta visitante Pedro. A expulsión de Óscar Veiga dificultou a labor do Matela por defender o marcador e os de Asier Lozano acadaron o empate grazas a un tanto de Javi Cruz.

Unha reclamación por alineación indebida marca a vitoria do Catro Roldas no campo do Roupar (2-3). O conxunto local, e tamén o Abadín, reclamaron alineación indebido do Catro Roldas ao alinear a Danny Yáñez, sancionado para o encontro. Nas vindeiras horas a Federación Galega resolverá ao respecto. Os visitantes comezaron mellor, malia non realizar un encontro ao nivel dos últimos. O gardameta Anxo detivo as primeiras chegadas dos de Coto, ata que nun rexeite Nunes acadou o primeiro para os amarelos. Karim e Tupac lideraron aos locais na procura do empate e este último logrouno á saída dun córner. Na segunda metade, de novo nun saque desde o curruncho Tupac deulle a volta ao marcador. O técnico visitante moveu o banquiño e o Catro Roldas acadou a remontada. Luis igualou tras un barullo na área e preto do final Pepe rematou un centro lateral ao fondo da portería.



Comercial e Friol B reparten puntos nun entretido encontro (3-3). Encontro digno de ver para o espectador no que os visitantes chegaron con certo perigo nun primeiro tempo que foi de dominio da Comercial. Pablo abriu o marcador para os de Manu Prieto e o gardameta Pepe ampliou diferencias cun saque desde a súa portería. O segundo tempo tivo cor visitante. Os de Bruno Castro contaron con numerosas ocasións, moitas delas desbaratadas por un inspirado Pepe. Nos últimos intres víronse goles que remataron cun reparto de puntos.

GRUPO SUR

Sober e Monterroso B empatan sen goles e manteñen a emoción ata a derradeira xornada (0-0). Os dous primeiros clasificados non arriscaron nun partido con moito en xogo e disputarán o ascenso directo na última xornada. Os locais buscaron un xogo directo contra un filial que optou por un xogo combinativo. VV tivo unha boa ocasión para os visitantes, mentres que o Sober buscaba conectar, sen demasido éxito, co seu dianteiro Hugo. Os de Pampín apenas sufriron en defensa no primeiro tempo, sen embargo, tras o intermedio, o Sober contou cunha opción moi clara de gol. Os trocos déronlle aire ao Monterroso B e Yoni contou cunha boa opción para marcar. Nos últimos intres ámbolos conxuntos firmaron o armisticio e aprazaron unha semana a súa posición final.

O Corgo vence con solvencia ao Bóveda e segue na pelexa polo ascenso directo (0-3). Os de Abel Rochela manteñen a igualdade a puntos co Sober. Co golaverage particular empatado, o xeral da vantaxe aos soberinos. Nun campo en mal estado, o Corgo saiu decidido a rachar coa igualdade canto antes, pero a precipitación impediu que se viran goles nunha primeira metade na que Fer, David, Gabi e Brais contaron con moitas ocasións claras. O falta de puntería e o acerto do gardameta local impediron o tanto dos visitantes. O Bóveda contou, antes do descanso, cunha ocasión moi clara na que Harry moi atento evitou o tanto. O segundo tempo comezou como rematou o primeiro. Os locais asustaron pero non marcaron e o Corgo fíxose co control do partido. Sergi, á saída dun córner abriu o marcador. Jordi e Fer completaron o marcador.

Un gol de Zoum desnivela a balanza a favor do Sporting Lucense diante do Taboada B (1-0). Encontro parello no que un solitario tanto de Zoum deixa aos capitalinos con opcións claras de ascenso directo. A derrota obriga ao Taboada B a puntuar na derradeira xornada para non mirar a outros campos para asegurar a promoción. No primeiro tempo os visitantes foron lixeiramente superiores fronte a un Sporting Lucense en cadro e no que o gardameta Jean fixo as veces de futbolista de campo. Os de Jacobo Vázquez chegaron con asiduidade á área rival, aínda que o Sporting Lucense cando o facía, era con máis claridade. Nahuel, cun remate de cabeza, tivo a máis clara para o filial. No segundo tempo, Zoum desfixo a igualdade, pero o Taboada B non se veu abaixo e gozou de varias ocasións claras para acadar cando menos o empate. Dous man a man de Pita e unha falta de Yoni foron as máis claras.

A Sarriana B golea ao Relámpago Taboada e garante a súa presenza no play off (0-6). O filial sarriao pecha a fase regular (descansa na última xornada) cunha goleada que lle permite disputar a fase de ascenso no seu segundo ano de vida. Os de Raúl non comezaron do mellor xeito, pero o tanto de Noel á saída dun córner deulle confianza. Os visitantes controlaron o choque sen demasiados apuros e xa deixaron o triunfo sentenciado antes do intermedio con goles de Rubén, Johan e Ronald. No segundo tempo Brais e Cela completaron o set en branco.



O Carballedo suma tres puntos fronte ao Río Sil e mantén opcións de xogar a promoción (3-1). O cadro local sumou un triunfo que fai que manteña opción de disputar o play off. O Río Sil foi mellor na primeira media hora e contou con numerosas ocasións de gol que non foi quen de aproveitar. A expulsión do visitante David aos 37 minutos deulle folgos a un Carballedo que foi mellor tras o descanso. Moncho abriu o marcador ao convertir un penalti. O Río Sil non se veu abaixo e logrou empatar. Co paso dos minutos o baixón físico condicionou aos visitantes e o Carballedo logrou a vitoria con goles de Jose Luis e Moncho

O Castroverde ascende, no Sur todo por decidir

O regreso de Adri Cube e a

O Castroverde ascende, no Sur todo por decidir

O Castroverde ascende, no Sur todo por

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *