Eramos xuvenís de terceiro ano… No Lugo de División de Honra con Ramiro Amarelle (mellor xogador español da historia de fútbol praia). E iamos xogar un domingo a Santander, un domingo de San Froilán. Viaxamos o sábado pola mañá e o venres foramos de cena. Unha magnífica cena organizada por Diego Muiña, que iso eran igual que vodas. Digamos que fun ao bus de reenganche… Sábado pola mañá vou para As Gándaras e oito horiñas de viaxe a Santander. A min pasáronseme como se fosen media hora. Foi pechar os ollos e espertar. Abrilos en Santander.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/10/regue2-300x200.jpg)
Chegamos á cea anterior ao partido e colle Amarelle, visiblemente enfadado comigo, e dime:
-«Oiches, como pode virme así un tío reventado desta maneira a xogar…? Desfeito, feito unha merda, que vés feito un Cristo… Pero houbo momentos na temporada que mereciche xogar e non te puxen. Non xogache. Así que mañá, fastidiaste e xogas».
Primeiro partido titular en División de Honra…
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/10/regue3-300x256.jpg)
Comezou o partido e ao descanso xa perdíamos por 4-0. Primeiro cambio: Regueiro, no descanso. Alí na Albericia, onde xoga o Racing de Santander, había seis campos. E nós creo que xogabamos no catro. Os vestiarios estaban no centro, debaixo do vestiario número 1. Dúchome, subo e vou ao bar. Tiña unha fame… Claro, o sábado non probara bocado. E pídolle á camareira un pepito de tenreira ao tempo que decido tomar unha Estrella. Ou unha Mahou, xa non me lembro veu.
Salgo coa cervexa e o bocadillo e vexo que estabamos no campo número 4. Eu ata alí andando non vou, madre mía… Collín alí unha cadeira de praia e sentei alí ver un Racing B-Rayo Cantabria de Terceira División. Co meu pepito de tenreira en man. É certo que fixen o feo xesto de non ver aos meus compañeiros pero tiña que camiñar 300 ou 400 metros para ir ao maldito campo. Non volvín xogar titular nunca máis. Máis adiante funme cedido, misteriosamente, a un equipo sen retorno.
Javi Regueiro Rodríguez. Exfutbolista en activo. Actual xogador do Ribeira FS ata un novo pepito de tenreira.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)