#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O anecdotario: «Picoume o bicho da Xira», por Vérez

Hoxe vouvos contar como perderse sutilmente o primeiro partido do ano. O que sempre coincide coa Xira de Vilalba. Xa sabedes da importancia que isto ten para os vilalbeses. Isto pasoume o primeiro ano de sénior. Xornada inicial. O típico partido que todo o mundo elixiría no ano para non ir convocado. E quedar no monte toda a fin de semana.

Remontámonos ao principio desa semana. Estábamos adestrando e os máis veteráns vacilando:

-«Vaste perder a primeira Xira da túa vida. Non vas poder saír ao ter que xogar…«.

«É o que toca», respostaba resignado. Pero ao mesmo tempo tampouco me importaba tanto. No fondo quería xogar.



Sería xoves xa. Rematei de adestrar e marchei para casa. Todo iso despois de levar a semana enteira montando o caseto da Xira no monte. Non sei se isto tivo algo que ver co que pasou despois. O mesmo xoves á noite comezou a picarme un xemelgo. Rasquei, como podedes imaxinar. Sentíao duro, cada vez máis grande, duro como unha pedra.

Fun ao ambulatorio. Alí dixeron que me picara un bicho. Puxéronme unha inxección e todo. A pregunta era obrigada:



«Poderei xogar a adestrar?»

-«Complicado» -dixo o sanitario.

Avisei no equipo e fun adestrar ao día seguinte. Pero nada. Xa todos ríndose. E saltaron os López e Make de turno:

-«Collíchelo a propósito. Picáchete con el. Tiráchete alí no prado e claro…».

Así foi como non tiven que ir xogar a fin de semana da Xira e aproveitei alí a ‘finde’ completa. Despois diso, o luns xa estaba perfecto. Non sei se sería o tratamento…



 

David Vérez Ramil. O central do pobo, defensa de garantías no Rácing Villalbés

O anecdotario: «Picoume o bicho da Xira», por Vérez

O partido Fisioterapia Ronda . . .

O anecdotario: «Picoume o bicho da Xira», por Vérez

O Viveiro faise forte en Cantarrana e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *