#Fútbol afeccionado #Anecdotario #Preferente Futgal

O anecdotario: «Pastelito de adestramento»

Esto aconteceu un venres no que había un torneo de pádel. Xa sabedes o que isto conleva: comer e beber fóra todo o día… Á noite tiña adestramento coa Residencia e tocou xogar o partidiño final dos venres.

Carlos, na súa época de xogador xuvenil

Nunha acción defensiva, o atacante de turno (neste caso o porteiro David San Miguel ‘Sanmi’) deume un cobadazo na boca do estómago. Acto seguido, caín ao chan e quedei sen respiración.

Veu un compañeiro a auxiliarme e meteu as mans por detrás da espalda para ventilarme. Collín osíxeno, aire coa boca, coa mala sorte de que ao mesmo tempo saiu unha ventosidade do meu corpo. A ventosidade foi máis dura do previsto, xa que notei un pastelito de agasallo na miña roupa interior.

Os últimos dez minutos de adestramento seguín a sesión así, era o que tocaba. Ao rematar o ‘entreno’, comenteille o sucedido á xente. En especial a Diego Bravos. Pensaba que estaba de broma. Tiven que levalo ao baño para que verificase o meu discurso. E alí quedou todo, cun pastelito na papeleira do baño!



Carlos Fernández Ochoa ‘Charly’. Home de intestino delicado, delegado da Residencia xuvenil

O anecdotario: «Pastelito de adestramento»

Volve a Segunda Galicia, con derbis e

O anecdotario: «Pastelito de adestramento»

Tres importantes triunfos e varias goleadas en

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *