#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

O anecdotario: «O dedo tolo», por Alberto Pacio

Era eu xuvenil de segundo ano na Residencia. Estabamos adestrando os porteiros. Jorge, xuvenil de terceiro ano, máis eu.

Nun momento determinado, nunha parada máis a facer, un dos meus dedos debeuse quedar enganchado co chan. E saiuse do sitio o maimiño. Daquelas, Jorge estudaba enfermería. Así que fomos ao vestiario, subiume o dedo, medio curoume e seguimos adestrando.



Alberto, defendendo as cores da SD Becerreá

Ao día seguinte tiña o dedo superinflamado, cunha pelota criminal. Pensei se tería algo roto ou non. Aínda que cría que simplemente era un esguince. O dedo soldoume, pero sigo téndoo deformado a día de hoxe cunha bola nel. Iso si, non me doe nin nada.

Xa pasado un tempo, no primeiro ano en Riotorto volveuse saír o óso do sitio nun partido (non recordo cal). Quedeime pillado. Cada vez que encollía os dedos, o óso saíaseme. E cando estiraba a man poñíase ben. Chamei ao árbitro, expliqueille, saquei as luvas e dobreille o dedo para ensinarlle a película. Arriba e abaixo, estirado e dobrado. Veu o adestrador, que era Kubala, e díxenlle que non pasaba nada. Estireillo e outra vez ao sitio.

Queríanme cambiar pero non deixei. Puxen a luva e pedinlles que me vendasen o dedo maimiño ao do lado. Co esparadrapo, que deran unhas cantas voltas para non dobrar o dedo e seguir xogando. Rematei o partido e levoume meu pai, que viñera ver o encontro, ao hospital.



No Hospital da Virxe dos Ollos Grandes fixéronme radiografías e demais. O dedo soldara mal dende que era xuvenil. E o maimiño quedou así e así segue.

Alberto Pacio Prado. Porteiro do Friol, un arqueiro de confianza

Fotografía: SD Becerreá



O anecdotario: «O dedo tolo», por Alberto Pacio

O partido Fisioterapia Ronda . . .

O anecdotario: «O dedo tolo», por Alberto Pacio

O Polvorín cae co Somozas e di

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *