#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O anecdotario: «Lucky, o protector», por Marino Meira

Isto pasounos hai dúas ou tres semanas. Nun deses tantos viaxes de volta de Viveiro a Lugo na famosa furgoneta… chegamos á recta de Roupar. De súpeto, vimos un coche na estrada cas catro intermitentes postas e xente no propio asfalto.

Eu ía de copiloto e díxenlle a Xaime que tivese coidado. Chegamos a altura do vehículo e paramos, estaban sós alí no medio da nada. Xaime baixou a fiestra e preguntoulles se lles pasaba algo.

«Acabamos de cruzar uns xabaríns e unhas ranchas. Tede coidado que igual volven saír á estrada. Non os collimos de miragre», comentaron.

Marino, na súa etapa en Castro

Nós xa nos rimos case todos e, nesto que desde atrás, Lucky saltou:



«Coidado tédeo vós. Que facedes fóra do coche? Metédevos dentro. Aínda van volver os xabaríns e comervos».

De Roupar a Lugo non demos acabado coas risas. Aquela frase lexendaria de Lucky xa queda para sempre.

Luca´s Grill

José Castro Vilarín ‘Marino’. Meirego con gol, de segunda volta por Cantarrana



O anecdotario: «Lucky, o protector», por Marino Meira

O Nuevo Nausti gaña por primeira vez

O anecdotario: «Lucky, o protector», por Marino Meira

O Polvorín e a Sarriana rematan o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *