#Anecdotario #Feminino #Fútbol afeccionado

O anecdotario: «De rodas e cañas», por Eva Pacín

Eva, conduce o balón coa camiseta do Antas

Era venres. Tiñamos adestramento ás 19:00 horas, como era habitual. E sempre quedabamos un pouco antes para tomar algo. Ese día non foi menos.

Puxémonos a tomar unhas cañas (unhas detrás doutras) e cando nos demos de conta pasaba da hora para ir adestrar. Entón fomos e cando chegamos ao campo estaban esperando a que chegásemos nós.

O adestrador preguntounos o motivo da impuntualidade e dixemos que pincharamos nos Olmos. Pensamos que quedara aí a cousa e comezábamos co ‘entreno’ con normalidade. Pero o adestrador dividiunos en tres grupos, cada un dirixido por cada unha das que chegamos tarde.

Unha vez separadas foi a xunto de cada unha e preguntounos que roda pincharamos. Como non nos puxemos de acordo, cada unha dixo unha distinta. O castigo que tivemos foi ir convocadas contra o Obrero, xogando menos dun minuto cada unha.



Luca´s Grill

Eva Pacín Pallares. Exxogadora do Antas e amante do deporte

O anecdotario: «De rodas e cañas», por Eva Pacín

O partido Fisioterapia Ronda . . .

O anecdotario: «De rodas e cañas», por Eva Pacín

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 10

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *